Adolphe Dieudonné
Adolphe Edmond Dieudonné, nado en París o 31 de xaneiro de 1868 e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 1945, foi un numismático francés vinculado ao Gabinete de Medallas e Moedas da Biblioteca Nacional de Francia. TraxectoriaAdolphe Dieudonné naceu o 4 de agosto de 1868 no parisiense bulevar Voltaire, fillo de Marié Léonie Garnier e do enxeñeiro ferroviario Marie Henry Camille Dieudonné (1836-1891), de ascendencia normanda.[1] Cursou a súa educación primaria e secundaria na escola Rocroy-Saint-Léon e no colexio Rollin, na súa cidade natal, e en 1891 ingresou na École des Chartes,[2] onde acadou o seu título de arquiveiro paleógrafo, mediante a presentación dunha tese sobre Hildebert de Lavardin, bispo de Le Mans no século XII.[1][3] Dieudonné comezou a traballar en 1895 na Biblioteca Nacional de Francia, no Departamento de Impresións. No entanto, o 7 de novembro de 1896 pasou a estar adscrito ao Departamento de Medallas e Moedas, onde se lle encomendou colaborar nos traballos de clasificación das moedas da colección Waddington, baixo a dirección de Ernest Babelon.[4] Neste departamento permaneceu durante toda a súa carreira profesional, ata o seu retiro en 1937. En 1913 foi nomeado conservador adxunto do Gabinete de Medallas e en 1924 pasou a substituír a Ernest Babelon na dirección, como conservador titular.[5][6][2] O seu interese centrouse inicialmente na numismática antiga, sobre a que publicou numerosos artigos na revista Revue numismatique, publicada pola Sociedade Francesa de Numismática. Nalgúns casos, nestas colaboracións presentaba as adquisicións de moedas gregas e romanas do Gabinete de Medallas e Moedas, entre 1895 e 1905. Logo da saída de Maurice Prou do Gabinete, Doieudonné pasou a focalizar o seu interese na historia da moeda francesa, sobre todo nas emisións reais e feudais, tema central das súas monografías posteriores.[2][6] Entre 1906 e 1934 foi secretario da Revue numismatique e novamente ocupou o mesmo cargo no período 1939-1942.[7] En paralelo á numismática, Dieudonné encargouse tamén, como epigrafísta, do inventario das inscricións antigas do Gabinete de Medallas.[2][8] Adolphe Dieudonné foi tamén profesor de Numismática na École des Chartes.[5][9] Entre outras sociedades e entidades eruditas, foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, que presidiu entre 1916 e 1918,[10] e da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia.[11] O 4 de agosto de 1945 faleceu aos 77 anos nun hospital de París, como consecuencia das feridas sufridas ao ser atropelado por un camión uns días antes.[1][2] Recoñecementos
PublicaciónsEsta é unha escolma dos traballos máis salientables publicados por Adolphe Dieudonné ao longo da súa carreira:[15][16][17] Monografías
Artigos
Notas
Véxase taménBibliografía
Outros artigos
|