Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Docente

Mestre Editar o valor en Wikidata
Mestra Editar o valor en Wikidata
ensino e educación Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Oposto a
 Parcialmente coincidente con
Fontes e ligazóns
 ISCO-08
Wikidata ] C:Commons ]
Mestre de escola.

Unha persoa docente, tamén chamada mestre e mestra, profesor e profesora ou pedagogo e pedagoga, é aquela que se dedica ao proceso de aprendizaxe e ensino. Adoitan ter recoñecida unha destreza notábel nunha determinada área do saber, con capacidade de ensinar e compartir os seus coñecementos con outras persoas, denominadas discípulos, aprendices, ou simplemente alumnos.

O profesorado que se encarga da educación formal e institucionalizada das etapas de educación infantil, primaria ou especial en escolas ou colexios adoitan ser chamados mestres e mestras. Tamén algúns mestres poden estar destinados en institutos de educación secundaria en programas de garantía social, educación compensatoria ou apoio a alumnos con necesidades educativas especiais, así como en centros de educación para persoas adultas.

O día 27 de novembro celébrase o Día do Mestre.[1] Celébrase nesta data en memoria do pedagogo relixioso aragonés, Xosé de Calasanz, que fundou unha escola en Roma para meniños pobres nese día de 1597. O papa Pío XII proclamouno patrón das escolas cristiás.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya