Tyler Joseph
Tyler Joseph, nado en Columbus (Ohio) o 1 de decembro de 1988, é un músico, cantante, rapeiro e compositor estadounidense, coñecido por ser o vocalista principal do dúo musical Twenty One Pilots. TraxectoriaTyler Joseph naceu o 1 de decembro de 1988 na cidade de Columbus, Ohio. Creceu xunto con dous irmáns, Zack (tamén cantante) e Jay, e unha irmá, Madison. A súa nai, Kelly, era mestra de matemáticas no distrito escolar de Olentangy[1] antes de pasar a ser adestradora de baloncesto na escola Olentangy Orange High School en 2013.[2] O seu pai, Chris, tamén traballou como adestrador na escola Worthington Christian High School dende 1996 ata 2005, e é director de escola. Joseph xogou ao baloncesto desde moi temperá idade,[3] e xogou como armador na escola da súa nai.[4] No ano 2008, o equipo de baloncesto de Joseph quedou en segundo lugar nun torneo estatal.[5] Despois de ver a un compositor no club High Street, rexeitou unha bolsa de baloncesto da Universidade de Otterbein, e comezou a tocar música despois de encontrar un vello teclado no seu armario (un agasallo de Nadal da súa nai).[1][6][7] ![]() CarreiraTwenty One Pilots
Joseph formou Twenty One Pilots no ano 2009 en Columbus, Ohio, e logo uniríanselle os seus amigos de secundaria Nick Thomas e Chris Salih. O nome da banda xurdiu mentres lía All My Sons de Arthur Miller, unha obra sobre un home que debe decidir que é o mellor para a súa familia despois de causar a morte de vinte e un pilotos durante a segunda guerra mundial. Joseph explicou que o dilema moral da historia foi a inspiración para o nome da banda.[8] O 29 de decembro de 2009, lanzaron o seu álbum debut homónimo, e realizaron unha xira por Ohio. A mediados de 2011, Thomas e Salih abandonaron a banda debido a problemas de horarios, e a Joseph uníuselle o batería Josh (Joshua) Dun, o seu actual mellor amigo. Tyler e Josh foran presentados por Salih, quen traballaba con Dun nunha tenda de Guitar Centre, e posteriormente invitouno a un show da banda.[9][10] O dúo lanzou o seu segundo álbum de estudio da banda, Regional at Best, o 8 de xullo de 2011, e asinou coa discográfica Atlantic Records, selo subsidiario Fueled by Ramen, en abril de 2012. En agosto de 2012, embarcáronse nunha pequena xira con Neon Trees e Walk the Moon. O terceiro álbum do dúo, Vessel, foi lanzado o 8 de xaneiro de 2013, e quedou no posto número 58 no Billboard 200.[11] O cuarto álbum, Blurryface, foi lanzado o 17 de maio de 2015, dous días antes da súa data de lanzamento prevista.[12] Outros proxectosJoseph tamén levou a cabo unha carreira en solitario, e posúe un proxecto musical cun EP titulado No Phun Intended.[13] O EP segue estando dispoñible para escoitar na súa conta de PureVolume, e foi gravado durante o último ano de secundaria de Joseph, entre 2007 e 2008, no seu soto.[14] A canción «Save», foi renovada e lanzada como descarga de balde no sitio web oficial de Twenty One Pilots antes de que fora dada de baixa.[15] A canción «Whisper», tamén foi lanzada a través de Internet.[16][17] No 2010, Joseph apareceu na canción «Live» do rapeiro Joseph "Jocef" Langston, xunto a outros dous rapeiros, Juda e Alon. A canción foi co-escrita por Joseph e Langston. No 2011, Joseph foi a estrela principal do documental de tres episodios "The (moderately inspiring tale of the) Longboard Rodeo Tango". De acordo co documental, Joseph foi pasante de igrexa no seu momento.[18][19] No 2012, Joseph apareceu nun vídeo de sensibilización sobre o uso de Internet titulado Where are you? de Mark C. Eshleman, produtor de moitos dos vídeos musicais de Twenty One Pilots.[20][21] A sala empregada no vídeo é a mesma habitación na que se filmou o videoclip de "House of Gold".[22] O 24 de decembro de 2013, en vésperas de Nadal, Joseph cantou "O come, O come, Emmanuel" en Christmas With the Stars en New Albany, Ohio. O vídeo foi subido a YouTube o 14 de febreiro de 2014.[23] Tamén realizou un segmento de maxia co anfitrión da igrexa e presentador David McCreary para o espectáculo.[24][25] En decembro de 2014, Joseph contribuíu como vocalista de apoio na canción "Sickly Sweet Holidays" escrita por Dallon Weekes de Panic! at the Disco.[26][27] ![]() Vida persoalJoseph é cristián, e a súa fe inflúe na música que escribe. Casou con Jenna Black o 28 de marzo de 2015. Tanto Joseph como Josh Dun teñen unha tatuaxe coa letra "X", que simboliza a dedicación ao seus fans na súa cidade natal de Columbus, Ohio. Joseph tamén ten outras moitas tatuaxes, e unha en común con Josh: el ten o nome do batería tatuado na perna, e Dun o de Tyler no xeonllo. DiscografíaComo solista
Notas
Véxase tamén
|