Simon Neil
Simon Alexander Neil (nado o 31 de agosto de 1979 en Irvine, North Ayrshire) é un guitarrista e vocalista escocés coñecido polo seu traballo nas bandas Biffy Clyro e Marmaduke Duke. TraxectoriaSimon Neil formou Biffy Clyro en 1995 aos 15 anos de idade recrutando a Ben Johnston e a un batería chamado Barry, facéndose chamar Screwfish. Barry foi substituído ao pouco tempo por James Johnston, o irmán xemelgo de Ben, completándose a formación actual de Biffy Clyro. En 1996, o trío trasladouse a Glasgow, onde Neil estudaba electrónica musical na universidade. Tamén estudou cine e televisión durante un ano antes de adicarse enteiramente á música. No ano 2000, foi vista no escenario de bandas sen selo do festival T in the Park por un representante de Beggars Banquet, e pouco despois acabarían asinando un contrato co selo. Biffy Clyro leva editados dende entón cinco álbums, asinou cunha grande discográfica, e xirou sen descanso. Neil afirmou que as letras de Biffy Clyro adoitan a saír de frases que escribe nun caderno que ten na súa cama. Neil tamén toca con JP Reid da banda de Ayrshire Sucioperro en Marmaduke Duke, baixo o pseudónimo "The Atmosphere", editando o seu primeiro álbum, The Magnificent Duke, no ano 2005. O 11 de maio do ano 2009 o dúo editou o seu segundo álbum de estudio, Duke Pandemonium, e na actualidade están traballando na súa continuación (que tamén será o final dunha triloxía), chamado The Death of the Duke.
|