Only Revolutions
Only Revolutions é o quinto álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, editado o 9 de novembro do 2009 polo selo 14th Floor Records. Como o seu predeceseor, Puzzle, o álbum foi producido por Garth Richardson. Despois do seu lanzamento, Only Revolutions foi un éxito comercial e de crítica. O disco acadou o número 8 da lista británica de álbums e foi certificado ouro pouco despois. En xuño do 2010 conseguiu o platino ao vender 300.000 copias no Reino Unido, converténdose no álbum máis vendido da banda. No mes de setembro o álbum acadaría o número 3. Foi nomeado ao Mercury Prize, que premia ao mellor álbum no Reino Unido ou Irlanda, e Rock Sound declarouno o 3º mellor na súa lista dos 75 mellores álbum do ano 2009. Listaxe de canciónsTodas as letras foron escritas por Simon Neil e a música foi composta por Biffy Clyro.
|