Marcel Courthiade
Marcel Courthiade, nado 2 de agosto de 1953 en Montceau-les-Mines e finado 4 de marzo de 2021 en Tirana, foi un lingüista francés, investigador e promotor da lingua e cultura romaní. TraxectoriaNaceu na rexión histórica da Borgoña mais seu pai era occitanofalante[1]. Marcel Courthiade comezou a estudar medicina na Universidade de Clermont-Ferrand que abandonou en favor do estudo das linguas eslavas con especialización no campo das linguas serbocroata e polaca. Despois continuou estudos no Instituto Nacional de Linguas e Civilizacións Orientais (INALCO) de París, e logrou diplomas en albanés, macedonio e polaco. Durante os seus estudos, involucrouse no traballo de varias ONG activas en proxectos educativos dirixidos aos xitanos albaneses, e así coordinou e xestionou diversos proxectos educativos e culturais. Durante catro anos traballou como analista político e intérprete na embaixada francesa en Albania. Defendeu a súa tese doutoral Phonologie des variétés dialectales de Rromani et diasystèmes graphiques de la langue Rromani na École Pratique des Hautes Études (EPHE) en 1995 e logo foi profesor asociado de sociolingüística romani nesa institución ata que en 1997 pasou a dar clases en INALCO. En 2008, foi, con Esma Redžepova, a figura principal do filme documental Le Chant des Rroms de Louis Mouchet . Dende 2019 ata a súa morte, pertenceu como personalidade cualificada ao consello científico da Délégation interministérielle à la lutte contre le racisme, l'antisémitisme et la haine anti-LGBT [2]. Divulgador da literatura romaní, traduciu diversos autores, así Bronisława Wajs ao francés, Kujtim Paćaku ao inglés e ao francés, a obra de teatro Kosovo mon amour de Jovan Nikolić e Ruždija Sejdović ao francés ou Rajko Đurić ao francés e polaco. Na década de 1980 tamén publicou traducións de poesía ao occitano para a revista Òc e en 1984 traduciu o conto en verso de Aleksandr Pushkin L'Orsa[3]. Ao longo da década de 1980 desenvolveu unha ortografía para o romaní que se presentou oficialmente nunha conferencia en Saraievo en 1986 e que a Unión Romaní Internacional adoptou en 1990 como a súa ortografía estándar, así e todo fóra das publicacións do propio Courthiade ou da URI o seu uso limítase dende entón principalmente a materiais educativos mentres que son estándares locais os que prevalecen en cada país[4]. Publicacións
Notas
Véxase taménLigazóns externas
|