LibraryThing
LibraryThing é unha aplicación web de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado[1] que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes[2], destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a Internet de forma pública o 29 de agosto de 2005[3]. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu Amazon. Desde o ano 2009 Cambridge Information Group ten unha participación minoritaria e Booker é o distribuídor mundial dos produtos LibraryThing para as bibliotecas[4]. En xullo de 2013 tiña máis de 1 700 000 usuarios rexistrados e máis de 83 000 000 de libros catalogados[5]. FunciónsA inscrición na web é gratuíta mais só permite inserir un máximo de 200 libros, sendo preciso pagar unha cota anual ou vitalicia para engadir máis. A función máis importante de LibraryThing é a catalogación automática de libros, importándoos de bases de datos de distribuidores e bibliotecas por medio do protocolo Z39.50[6], totalizando unhas 700 fontes dispoñibles de todo o mundo, aínda que polo de agora non hai ningunha galega, que fornecen rexistros MARC e Dublin Core a LibraryThing. Tras enviar o ISBN ou algunha palabra clave como o título ou o autor e atopar o libro e a edición correcta prémese para engadilo ao catálogo do usuario. Se o libro ou a edición atopadas non están dispoñibles ou os datos non son correctos pódese engadir manualmente ou modificar o rexistro posteriormente. Tamén se poden importar libros polo ISBN ou do catálogo doutro membro. A función "Recomendacións", aparecida en abril de 2006, fornece recomendacións de libros baseadas en nubes de etiquetas[7] cos que os usuarios poden catalogar os seus libros, e tamén amosa as recomendacións de lectura a partir dun libro ou dun autor específico. Notas
Véxase taménLigazóns externas |