Institute of Electrical and Electronics EngineersThe Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE, Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos, tamén lido i e ao cubo) é unha asociación técnico-profesional mundial dedicada á estandarización, entre outras cousas. É a maior asociación internacional sen fins de lucro formada por profesionais das novas tecnoloxías, como enxeñeiros eléctricos, enxeñeiros en electrónica, científicos da computación e enxeñeiros en telecomunicación. Historia e característicasA súa creación remóntase ao ano 1884, contando entre os seus fundadores a personalidades do talle de Thomas Alva Edison, Alexander Graham Bell e Franklin Leonard Pope. En 1963 adoptou o nome de IEEE ao fusionarse asociacións como o American Institute of Electrical Engineers e o Institute of Radio Engineers. A través dos seus membros, máis de 360.000 membros (dos cales son estudantes case 80.000) en 175 países, o IEEE é unha autoridade líder e de máximo prestixio nas áreas técnicas derivadas da eléctrica orixinal: desde enxeñería computacional, tecnoloxías biomédica e aeroespacial, ata as áreas de enerxía eléctrica, control, telecomunicacións e electrónica de consumo, entre outras. Segundo o mesmo IEEE, o seu traballo é promover a creatividade, o desenvolvemento e a integración, compartir e aplicar os avances nas tecnoloxías da información, electrónica e ciencias en xeral para beneficio da humanidade e dos mesmos profesionais. Algúns dos seus estándares son:
Mediante as súas actividades de publicación técnica, conferencias e estándares baseados en consenso, o IEEE produce máis do 30% da literatura publicada no mundo sobre enxeñería eléctrica, en computación, telecomunicacións e tecnoloxía de control, organiza máis de 350 grandes conferencias ao ano en todo o mundo, e posúe preto de 900 estándares activos, con outros 700 máis baixo desenvolvemento. Véxase taménLigazóns externas
|