Fun Home
Fun Home: Unha Familia Traxicómica (en inglés: Fun Home: A Family Tragicomic) é unha novela gráfica autobiográfica da debuxante estadounidense Alison Bechdel. Publicouse en 2006 e narra a súa infancia e xuventude na Pensilvania rural, centrándose na súa complexa relación co seu pai. A obra tamén trata temas como a orientación sexual, os roles de xénero, o suicidio, o abuso emocional, a vida disfuncional dunha familia e o papel da literatura na comprensión dun mesmo e da familia propia. Escribir e ilustrar Fun Home levoulle a Bechdel sete anos, principalmente por mor do seu laborioso proceso artístico, xa que se fotografou a ela mesma en diferentes posicións para cada unha das figuras humanas.[2] En 2018 foi traducida ao galego por Belén Poutón Reboredo e publicada pola editorial Rinoceronte.[3]. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|