Explorer 32
Explorer 32, tamén denominado AE-B (Atmospheric Explorer B), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 25 de maio de 1966 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta.[2][4] CaracterísticasExplorer 32 tiña forma de esfera de 0,889 m de diámetro feita de aceiro inoxidable e estabilizábase mediante xiro. Foi selado no baleiro para evita-la contaminación da atmosfera local[2][4] e inxectado inicialmente nunha órbita de 2722 km de apoxeo, 283 km de perixeo e unha inclinación orbital de 64,65 graos.[4] A alimentación eléctrica procedía de baterías de cinc e prata alimentadas por células solares montadas no exterior do satélite.[2][4] Levaba sensores ópticos e magnéticos para a determinación da actitude e para os sistemas de control de xiro. Para os momentos nos que o satélite non se atopaba dentro do alcance dalgunha das estacións de terra levaba a bordo unha grabadora de datos en cinta para retransmitir os datos posteriormente. Como sistema de comunicacións empregaba dous sistemas de telemetría por modulación de pulso.[2][4] Aos dez meses o satélite deixou de funcionar debido á despresurización da esfera causada polo fallo das baterías.[2][4] InstrumentosExplorer 32 levaba un espectrómetro de masas para ións e dous para partículas neutras, tres medidores de densidade e dúas sondas electrostáticas. Os dous espectrómetros neutros deixaron de funcionar aos seis días do lanzamento. O resto de instrumentos funcionaron ben durante toda a vida do satélite.[2][4] Despois do lanzamento un dos medidores de presión e un dos espectrómetros fallaron. O outro espectrómetro funcionou intermitentemente.[2][4] ResultadosEntre outros, os datos de Explorer 32 permitiron demostrar que as ondas de gravidade na termosfera están asociadas á estrutura en forma de onda da densidade de electróns na rexión F da ionosfera.[5] Notas
Véxase tamén
Outros artigos |