Explorer 17
Explorer 17, tamén denominado AE-A (Atmospheric Explorer A) e S-6, foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 3 de abril de 1963 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta D.[2][4][5] CaracterísticasExplorer 17 tiña forma de esfera de 0,95 m de diámetro feita de aceiro inoxidable e cun espesor de 0,6 mm.[6] Estabilizábase mediante xiro e foi selado no baleiro para evita-la contaminación da atmosfera local.[2][4] Foi inxectado inicialmente nunha órbita de 891 km de apoxeo, 254 km de perixeo e unha inclinación orbital de 57,6 graos.[4] A alimentación eléctrica procedía de baterías de cinc e prata. Explorer 17 non usaba células solares debido ó proble de solta de gases que presentan e que podían falsear as medicións.[6] As baterías fallaron o 10 de xullo de 1963[2][4] e o satélite reentrou na atmosfera o 24 de novembro de 1966[1]. InstrumentosExplorer 17 levaba a bordo catro medidores de presión para a medición da densidade de partículas neutras, dous espectrómetros de masas para a medición da concentración de certo tipo de partículas neutras, e dúas sondas electrostáticas para medi-la concentración de ións e a temperatura de electróns.[2][4] Despois do lanzamento un dos medidores de presión e un dos espectrómetros fallaron. O outro espectrómetro funcionou intermitentemente.[2][4] Resultados![]() Explorer 17 axudou a perfila-lo comportamento da ionosfera a latitudes medias, descubrindo que a temperatura de electróns aumenta rapidamente entre o lado diúrno e o nocturno, pasando duns valores nocturnos duns 1100 K a un pico de 2700 K a media mañá para pasar a unha chaira duns 2000 K a horas vespertinas.[7] Os medirores de presión axudaron a obter as densidades da atmosfera ás altitudes da órbita do satélite e comparalas coas calculadas co arrastre sufrido polo satélite.[8] Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
|