El pico 2
El pico 2 é unha película dramática española dirixida por Eloy de la Iglesia. É a continuación dos feitos narrados en "El pico", ocupándose da vida de Paco trala morte do seu amigo Urko por sobredose de heroína. O filme, que se encadra dentro do xénero coñecido como "cine quinqui", describe o mundo marxinal español dos anos 80. Pese ás críticas recibidas en canto a estilo e elegancia, o filme destaca polo seu cru realismo e a súa implícita crítica social. SinopsePaco é o fillo dun comandante da Gardia Civil que se ve envolto no asasinato dunha parella de traficantes de heroína en Bilbao. Os esforzos do seu pai por apartalo da droga e ocultar as probas do crime vénse minguados cando a prensa faise eco da noticia. O xove é detido, procesado e encarcerado no cárcere de Carabanchel en Madrid, onde experimentará en carne propia os rigores do sistema penitenciario, e volverá caer na droga. Cando recobra a liberdade, grazas ás manobras e influencias do seu pai, Paco vese incapaz de reinsertarse e preferirá asociarse con "El Lendakari", un compañeiro que coñeceu en prisión, e adicarse á delincuencia. Pero a Garda Civil segue de cerca os pasos do "Lenda" e o desenlace é inminente. O comandante Torrecuadrada pedirá aos seus superiores deter persoalmente ao seu fillo. Personaxes
Véxase taménLigazóns externas |