El pico
El pico é unha película dramática española dirixida por Eloy de la Iglesia, ambientada no Bilbao de comezos dos 80. Os temas fundamentais son a adicción á heroína e, en menor medida, o conflito vasco. Con este filme, Eloy de la Iglesia soubo reflectir de xeito realista a inmersión de dous mozos na heroína. Nesa época foi unha droga que causou estragos na sociedade española. Os índices de delincuencia asociados a ela situáronse nos máis altos do mundo. Ten unha secuela, "El pico 2", que se estreou o ano seguinte. SinopseDous amigos, Paco e Urko, que viven en Bilbao, engánchanse xuntos á heroína. Para conseguir a súa dose diaria non dubidan en roubar, mentir e ata matar ao camelo que lles pasa a droga. Ademais, dáse a circunstancia de que Paco é o fillo do Comandante Torrecuadrada, pertencente á Garda Civil e Urko é fillo dun político da esquerda independentista vasca. Personaxes
CríticasAs críticas non se fixeron esperar. Foi unha das poucas películas da época que tratou ese tema, primeiro coas sobredoses e despois coa sida e a hepatite C. Ligazóns externas |