Foi fillo de Aurora Amor, florista ourensá, e de Víctor Blanco, barbeiro procedente da zona de Mombuey,[2] quen abandonou o fogar cando Blanco Amor tiña tres anos. A nai tivera un matrimonio anterior con Ramón Bóveda Guerra, de quen enviuvara en 1884 e con quen tivera tres fillos: Xulia, Cástor e Camilo. Naceu no nº 17 da rúa da Paz, e foi bautizado como Eduardo Modesto. En 1915 comezou a traballar como secretario de dirección en El Diario de Orense[3] da man de Xavier Bóveda, curmán dos seus medio irmáns. E en 1917 estivo como porteiro na Inspección de Primeira Ensinanza, mais en setembro dese ano foi suspendido de emprego e soldo. Durante esta época frecuentou os faladoiros de Vicente Risco, de quen tamén foi alumno na Escola Normal, figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.
En 1927 publicou a súa primeira obra, a noveliña Os Nonnatos. Ao ano seguinte seguiuna o libro de poemas Romances galegos,[6] encadrado dentro dunha estética modernista cunha forte influencia dos romances casteláns e de Luís Amado Carballo.
Defendeu dende a Arxentina a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes espallou a nosa cultura e utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria, con obras como Los miedos (1963) ou La catedral y el niño (1948). En 1956 volveu ao galego con Cancioneiro, e en 1959 publicou A esmorga.
Retornou a Galicia o 16 de xaneiro de 1965, despois de publicar Os biosbardos (1962), e sen recibir o apoio que cría merecer.[10] En 1970 saíu unha nova edición d' A esmorga, e en 1972 apareceu Xente ao lonxe. Canto ao teatro, saíron Farsas para Títeres (1973) e Teatro prá xente (1975).
En 1927 publicou a súa primeira obra, a narración curta Os Nonnatos, publicada na revista Céltiga o 25 de maio. "Xacobe descobre o seu perfl" foi un adianto de novela publicado en 1933 na revista Nós en tres capítulos[18], que acabou sendo publicada en 1993 como A escadeira de Jacob.
En 1959 publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: A esmorga. Esta obra desenvólvese en Auria e marca un fito na ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega, debido á súa técnica innovadora: o único que se pode ler son as contestacións dun reo nun xuízo, que conta as aventuras que o levaron á condena. É o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz, que fala castelán, e un reo que fala galego. Amais de deberse ao afán de verosimilitude, o silencio do xuíz representa a xordeira da xustiza, o seu papel represor e castigador. A novela, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores e marxinais que van sendo levados a un final tráxico.
“
O galego que eu tiña entón non me servía pra escribir a novela que eu quería, era moi limitado demáis. E eso levóu tempo, claro. Ás veces voltaba sobor das páxinas que levaba escritas e lía en voz alta pra ver a súa musicalidade, o ritmo do idioma que medraba, e non me gostaba, e veña a voltar atrás unha vez e outra. Hai partes de cinco ou seis redaccións até que atopaba o que buscaba.
Outra obra que tivo gran repercusión foi o libro de relatos Os biosbardos (1962), relatos en primeira persoa con protagonista e narrador infantil distinto en cada conto. A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial: en 1970 alumeou unha nova edición d' A esmorga, e en 1972 apareceu a extensa novela Xente ao lonxe, onde a través dos avatares que lle ocorren a unha familia de clase obreira, retrata a sociedade urbana, moi estratificada, do Ourense de principios de século.
“
Calquera que se pona a pescudar no xa "bailado" da súa vida, atoparáse con que o pasado e a súa prolongación ou penetración no soñado, componen un tecido indiscriminábel no que as esperencias e as figuracións valen por igual no total resultado subxetivo do esistir; e si é escritor de novelas ou de poemas, na súa proieción conxunta no cerne da obra e as veces na forma.
Moitas das súas obras narrativas (A Esmorga, Xente ao lonxe, Os biosbardos) desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, transposición literaria do seu Ourense natal.[22] Os críticos literarios encontraron nas súas ficcións ecos de autores como Valle-Inclán ou Eça de Queirós, constitúe un dos grandes fitos na renovación da narrativa galega e está considerado un dos grandes narradores galegos da posguerra.[23]
Teatro
Nos seus últimos anos prestou unha grande atención ao xénero teatral, con obras como Farsas para Títeres (1973, Ed. do Castro). Contén seis pezas: Romance de Micomicón e Adhelala, Amor e crimes de “Juan el Pantera”, Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano, A verdade vestida, Un refaixo pra Celestina e Anxélica no ombral do ceio. En edición bilingüe castelán-galego, autotradución. En 1974 sae Teatro pra a xente (Galaxia) que contén: O cantar dos cantares, ou Galicia 1948, Fas e Nefas, ou o castelo enmeigado número 5.000 e pico, A carauta, Os baralláns; e tres contos escénicos: A medosa Blandina, A lebre das ánimas, A tía Lambida. Ademais publicou a pequena peza esperpéntica Proceso en Jacobusland (Fantasía xudicial en ningures) que tivo problemas coa censura.
Como dramaturgo, preocupouse de buscar a dignificación do xénero por medio do popular, pero superando o folclorismo e o costumismo hexemónicos no teatro galego da emigración.[24]
Poesía
Blanco Amor foi un importante poeta sobre todo nos primeiros tempos. Comezou co libro de poemas de estética modernista Romances galegos (Buenos Aires: Editorial Céltiga 1928). Seguiu con Poema en catro tempos (1931, Buenos Aires), elexía á morte dun pescador. Logo veu Cancioneiro (1956, Buenos Aires). Dous Cantos a Galiza encadeada (1946) foron publicados no xornal Galicia, da Federación de Sociedades Galegas.[25] Estes libros foron despois recollidos en Poemas galegos (1980, Galaxia).
Xornalismo e ensaio
Dirixiu Céltiga, Terra, Galicia, Ciudad e colaborou en La Nación, La Hora, La Vaguardia, Faro de Vigo...[26] A súa obra xornalística, sobre todo en América en Castelán, é inxente. Contribuíu ao ensaio o con traballos como Chile a la vista, El Padre Feijoo, Volviendo a Ortega y Gasset, Castelao e Las buenas maneras,[27]La peligrosa aventura de vivir en un pueblo: escritos 1967-1971, A contrapelo. Ademais desenvolveu ao longo da súa vida unha intensa actividade como conferenciante e en programas de radio.[28]
A escadeira de Jacob (1993). Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-7154-867-2. "Xacobe descobre o seu perfl" foi un adianto da novela publicado en 1933 na revista Nós en tres capítulos.[18]
Artigos en La Nación (2004). Galaxia. 252 páxs. ISBN 978-84-8288-758-6. Escolma das crónicas publicadas no diario arxentino La Nación entre 1929 e 1936. Edición e notas de Xosé López, Marta Pérez Pereiro e Luís Álvarez Pousa[44]
Catro pezas inéditas do teatro de Eduardo Blanco-Amor (1993). Ediciós do Castro. Teatro. Galicia en fiesta, El complejo, Becqueriana, Mis tías en el sofá, edición e tradución ao galego de Luís Pérez Rodríguez.[47]
A contrapelo (1993). La Voz de Galicia. ISBN 84-88254-18-0. Compilación de artigos publicados na prensa diaria.[48]
Quince "cuentos de la ciudad" e un conto no ceo, "Os nonnatos" (1993). Ediciós do Castro. Edición de Luís Pérez. ISBN 978-8474926514. Narrativa.
Obra en castelán
Conxunto escultórico en homenaxe a Blanco Amor na Insua dos Poetas.
Poesía
Horizonte evadido (1936). Viau y Zona Editores. Buenos Aires.
En soledad amena (1941). Emecé Editores. Buenos Aires.[49]
Horizonte evadido. En soledad amena (2001). Fundación Municipal De Cultura. Oleiros. ISBN 978-8460631583.
Ars amandi (2007). Galaxia - P.E.N. Club de Galicia. 232 páxs. ISBN 978-84-7154-088-1. Textos en castelán e preliminares en galego.[15][50]
Los miedos (1963). Ediciones Destino, colección Áncora y Delfín. Reeditado por Galaxia (Mar Maior), Biblioteca Eduardo Blanco Amor (2016).[53] Foi finalista do Premio Nadal en 1961. Reeditado en Cátedra (2023).[54]
Ensaio
Chile a la vista (1951). Editorial del Pacífico, S. A., Santiago de Chile. Reeditado por Galaxia (2003), ISBN 978-84-8288-610-7, Biblioteca Blanco Amor.[55]
Las buenas maneras (1956). Losada. Buenos Aires. Reeditado por Xerais (1983), ISBN 9788475070957: Las buenas maneras. Tratado de urbanidas para mayores.[56]