Antonio Couceiro Freijomil
Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un filólogo, bibliógrafo, pedagogo e escritor galego, coñecido polo seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Foi membro de número da Real Academia Galega desde 1941[1]. Traxectoria![]() Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Rodríguez. Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos. Fundou con Edmundo Roberes Alonso El Eco de Puentedeume en 1906,[2] foi redactor de Ecos del Eume, redactor xefe de El Diario de Orense e colaborou en La Zarpa, Galicia, El Norte de Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego e La Noche. Obra![]()
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas |