°C-ute é un grupo xaponés de J-Pop totalmente feminino dentro do Hello! Project. O carácter "°C" (Grao Celsius) é substituído por "C" na anotación co obxectivo de expresar fervor – o guión non ten ningún significado en particular. A pronunciación apropiada en xaponés é kyūto (キュート?).
Historia
°C-ute foi formado no ano 2005, por sete rapazas do Hello! Project Kids que non foron escollidas para o grupo Berryz Kobo. O grupo foi anunciado oficialmente o 11 de xuño de 2005, aínda que a súa formación rumoreábase os meses previos. Máis tarde, en xaneiro do 2006, Kanna Arihara, unha Hello Pro Egg, foi engadida o comezar o Hello! Project Winter 2006 tour, como parte do equipo das Wonderful Hearts. O 31 de outubro de 2006, Megumi Murakami deixou o grupo repentinamente, sen ningunha cerimonia de graduación. Antes da formación do grupo, algúns membros traballaban con outros de Morning Musume en proxectos como Aa! e ZYX.
O 21 de febreiro de 2007, °C-ute lanza o seu primeiro single oficial: "Sakura Shirari". O primeiro día a venda estaba o terceiro nas listas de Oricon, un fito nunca logrado por Morning Musume (as que acadaron a sexta posición co seu single debut). Co seu single debut, °C-ute convertese no grupo máis novo (cunha idade media de 13 anos) en chegar a clasificación do Top 10. O seu último single debutou na terceira posición das listas semanais de Oricon. O 30 de decembro do ano 2007, °C-ute foi elixido como o mellor grupo nos Japan Record Award.
Sou Sora- Segundo photobook de Maimi Yajima (17 de xaneiro de 2008).
route L – Primeiro photobook de Aleja Misaki (1 de outubro de 2008).
Radio
Cutie Party – FM-FUJI, os sábados ás 23:00-23:30 JST (Maimi, Airi e Chisato, dende o 7 de outubro de 2006) como parte da apertura do Hello! Project Night.