A Wikipedia en scots (en scots: Scots Wikipaedia) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua scots. Foi creada o 23 de xuño de 2005, e acadou os 1 000 artigos en febreiro de 2006, e os 5 000 en novembro de 2010. A Wikipedia en scorts é unha das oito Wikipedias escritas nunha lingua ánglica ou nun pidgin/crioulo baseado no inglés, sendo as outras a Wikipedia en inglés, a Wikipedia en inglés simple, a Wikipedia en anglosaxón, a Wikipedia en pitcairnés, a Wikipedia en tok pisin, a Wikipedia en patois xamaicano e a Wikipedia en sranan tongo.
En agosto de 2020, esta edición en scots recibiu o escrutinio dos medios de comunicación pola mala calidade dos seus escritos e descubriuse de que polo menos 20.000 artigos foran escritos por un editor que non falaba o idioma. Esta atención levou a unha revisión máis ampla do contido da wiki por falantes escoceses e editores da comunidade Wikipedia.[1] Elimináronse a maioría dos artigos deste usuario, o que levou a unha diminución do número total de artigos do proxecto de preto de 55 000 en 2018[2] a arredor de 40 000 en 2021.
Esta versión da enciclopedia contén 34.309 artigos e 120.100 usuarios, dos cales 92 son activos.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
+ 7.000.000 | |
---|
+ 6.000.000 | |
---|
+ 3.000.000 | |
---|
+ 2.000.000 | |
---|
+ 1.000.000 | |
---|
+ 500.000 | |
---|
+ 200.000 | |
---|
+ 100.000 | |
---|
+ 50.000 | |
---|
+ 10.000 | |
---|
+ 1.000 | |
---|
+ 100 | |
---|
Pechadas | |
---|