Washing Machine
Washing Machine é o noveno álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Foi editado a través do selo DGC Records o 26 de setembro de 1995, pouco despois de que a banda rematase a xira como cabeza de cartel do festival de Lollapalooza dese ano. O disco foi publicado en Europa tamén nunha ediión especial cun segundo disco que contiña os temas "Starfield Road", "Eric's Trip", "The Diamond Sea" e "Teen Age Riot" interpretados ao vivo na emisora France Inter Radio o 12 de setembro de 1995. O disco acadou o posto 39 na lista británica de álbums[1], e nos Estados Unidos foi número 58 da lista Billboard 200[2]. PortadaA portada do disco trátase dunha fotografía polaroid cortada de dous seareiros tomada nun concerto da banda en Amherst, Massachusetts o 28 de abril de 1995, durante unha pequena xira que realizaron mentres o disco aínda estaba en produción; os dous mozos aparecen vestindo camisetas que se venderon como merchandise nesa xira. Na camiseta da esquerda poden verse as sinaturas de Thalia Zedek e Chris Brokaw da banda Come, os abreconcertos deses concertos[3]. Segundo sleevage.com, a polaroid foi atopada no chan do local e entregada á banda. DGC intentou identificar e obter o permiso dos rapaces fotografados a través dun boletín de noticias da MTV, pero como non puideron ser identificados, as súas caras foron recortadas para a portada[4]. Listaxe de canciónsTódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth.
Notas
|