Virus do Nilo Occidental
![]() O virus do Nilo Occidental, West Nile virus ou WNV, é un virus que provoca a febre do Nilo Occidental. CaracterísticasEsta enfermidade é unha flavivirose orixinaria da África subsahariana que produce encefalite en equinos, aves e tamén en humanos. A doenza estendeuse desde 1937 polo resto de África, Oriente Medio, Asia Menor e Europa Oriental e, moi recentemente, por Extremo Oriente e Norteamérica, onde causa importantes mortandades en aves, especialmente en córvidos.
O WNV pode propagarse nalgunhas ocasións por outros medios. Por exemplo, pode transmitirse aos humanos durante as transfusións sanguíneas e transplantes de órganos provenientes de doadores infectados. Así mesmo, é posíbel que as mulleres embarazadas ou lactantes que estean infectadas poidan transmitir o virus aos seus bebés. Debido á súa improbabilidade e ao descoñecemento actual acerca deste risco e ao feito de que a lactación ten beneficios evidentes e perfectamente establecidos, non se recomenda que a naie deixe de aleitar ao seu fillo. Os cabalos infectados con WNV non poden transmitir directamente a doenza aos humanos. Non hai evidencia de que unha persoa poida infectarse co WNV tocando aves infectadas vivas ou mortas. Aínda así, debe terse precaución ao manexar animais mortos, incluíndo as aves. Se é necesario mover ou desfacerse dunha ave morta, cómpre usar luvas ou unha pá para movela e colocala dentro de dúas bolsas de plástico (unha dentro da outra). Nos Estados Unidos, o WNV presentouse por primeira vez en Nova York durante o verán de 1999. Véxase tamén
Ligazóns externas
|