Transit Improvement ProgramTransit Improvement Program ou TIP, previamente coñecido como Triad, foi un programa para mellorar a precisión dos satélites Transit.[1] CaracterísticasOs tres satélites TIP foron usados para probar novos conceptos a usar nos satélites Transit e mellorar a súa precisión. TIP 1, lanzado por un Scout B1 o 2 de setembro de 1972, era un satélite formado por tres corpos en liña unidos por mastros que servían como estabilizadores por gradente gravitatorio na dirección radial. Un volante de inercia estabilizaba o satélite en cabeceo e guiñada. A principal mellora proporcionada por este satélite era que seguía unha traxectoria sen rozamento grazas a unha esfera en caída libre no corpo central do satélite que servía para medir calquera deceleración causada pola atmosfera residual á altura da órbita do satélite e ser correxida mediante os micropropulsores do mesmo. A enerxía de TIP 1 era proporcionada por un xerador termoeléctrico de radioisótopos.[2][1] TIP 2 e 3, lanzados por foguetes Scout D1 o 12 de outubro de 1975 e o 1 de setembro de 1976, usaban unha forma simplificada do sistema de corrección de rozamento de TIP 1, usando propulsores de plasma pulsado. Os satélites integráronse no sistema de navegación Transit e unhas versións lixeiramente melloradas foron lanzados mediante a denominación de Nova.[3][1] Historial de lanzamentos
Notas
Véxase taménOutros artigos |