Tomographic Experiment using Radiative Recombinative Ionospheric EUV and Radio Sources
TERRIERS (acrónimo de Tomographic Experiment using Radiative Recombinative Ionospheric EUV and Radio Sources), tamén coñecido como Explorer 76, é un satélite artificial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 18 de maio de 1999 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4] CaracterísticasA misión de TERRIERS era facer medicións en dúas e tres dimensións da densidade de electróns na ionosfera e obter perfiles da fotoemisión da termosfera no ultravioleta mediante técnicas de tomografía.[2][4] Trala engalaxe e posta en órbita produciuse un problema no control de actitude que impedía ós paneis solares apuntar correctamente ó Sol. Pouco despois as baterías esgotáronse e foi imposible retomar o contacto co satélite[4] Notas
Véxase taménLigazóns externas
|