Pronao: esta é a antecámara que antecede ao naos e que se tranformará, máis tarde, no nártice.
Naos ou Cella: neste espazo, delimitado por 4 paredes sen fiestras, é colocada a estatua da divindade e pode ser, por veces, organizado en 3 ás divididas por columnas. Nos templos de grandes dimensións o naos pode funcionar como un patio interior, sen cobertura.
Áditon ou Abaton: espazo só accesible a sacerdotes para o culto ou colocación de ofrendas. Esta área pode funcionar de diferentes xeitos; como unha subdivisión do naos, aberta para el; como unha cámara illada no centro do naos; ou como un nicho na parede posterior do naos.
Opistódomo: Cámara oposta ao pronao onde se atopa o tesouro e que tamén pode funcionar, como aditon.
Pronao
Naos
Áditon
Opistódomo
Tipos de templos
Segundo o número de columnas na fachada
Tetrástilo: 4 columnas na fachada
Pentástilo: 5 columnas na fachada
Hexástilo: 6 columnas na fachada
Octástilo ou octostilo: 8 columnas na fachada
Decástilo: 10 columnas na fachada
Dodecástilo:12 columnas na fachada
Segundo o número de filas de columnas
Monóptero: 1 fila de columnas. Tamén designa aos templos de planta circular rodeados por 1 fila de columnas e rematados por unha cúpula. Un monóptero con naos chámase tholos.
Díptero: 2 filas de columnas
Pseudodíptero: semellante ao díptero, aínda que as 2 filas de columnas non envolven a todo o templo (p. ex. a ringleira de columnas interior está pegada ás paredes do naos)
Monóptero
Díptero
Pseudodíptero
Pseudodíptero
Segundo a distribución de columnas
Períptero: o templo está completamente rodeado de columnas.
Pseudoperíptero: cando unha ringleira ou máis de columnas está embebida nas paredes da naos.
Próstilo: o templo só ten columnas na fachada principal.
Anfipróstilo: o templo presenta columnas nas fachadas principal e posterior.
Períptero
Pseudoperíptero
Próstilo
Anfipróstilo
Segundo o espazo entre as columnas
Picnóstilo: Espazo reducido entre columnas de 3 módulos.
Sistilo: Espazo entre columnas de 6 módulos.
Diástilo: Espazo entre columnas de 6 módulos ou a medida dun diámetro da columna multiplicado por 3.
Templo de Hefesto, templo grego Dórico en Atenas (449 AC)
A maioría dos templos gregos clásicos eran hexástilos (fachada con seis columnas). Algúns exemplos coñecidos son:
O grupo de Paestum, incluíndo o Templo de Hera (c. 550 AC), o Templo de Apolo (c. 450 AC), o primeiro Templo de Atenea («Basilica», c. 500 AC) e o segundo Templo de Hera (460-440 AC);
O templo E en Selinunte (465-450 AC), dedicado a Hera;
O Templo de Zeus en Olimpia, actualmente en ruínas;
O templo F ou o chamado «Templo da Concordia» en Agrigento (c. 430 AC), un dos templos clásicos gregos mellor conservados, mantendo case todo o perístilo e o entaboamento;
CALADO, Margarida, PAIS DA SILVA, Jorge Henrique, Dicionário de Termos da Arte e Arquitectura, Editorial Presença, Lisboa, 2005, ISBN 20130007
KOEPF, Hans; BINDING, Günther (Überarbeitung), Bildwörterbuch der Architektur, Alfred Kröner Verlag, Stuttgart, 1999, ISBN 3-520-19403-1
MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, dtv-Atlas Baukunst; Band 1 - Allgemeiner Teil. Baugeschichte von Mesopotamien bis Byzanz, Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03020-8