Tauro Sport Auto
Tauro Sport Auto foi un fabricante español de automóbiles superdeportivos de luxo con sede en Valladolid,[1] fundado en 2010,[2] cando un grupo de empresarios españois uníronse cun fabricante británico de vehículos de competición para crear a compañía.[3] O seu modelo máis popular é o Tauro V8, fabricado de forma artesanal,[4] con motor base de General Motors e catro variantes Spider, Cupé, Saeta e Portago. Os seus mercados principais eran a Unión Europea, Rusia, Emiratos Árabes Unidos, China e América.[5] HistoriaEn 2010, varios empresarios españois, entre eles Pedro Julián Santos Perandones, e un fabricante británico de vehículos de competición uníronse creando a compañía con sede en Valladolid. Recuperando así a tradición española de automóbiles deportivos de luxo que a principios do século XX abandeiraba a empresa Hispano-Suiza. Como o resto de automóbiles superdeportivos, os Tauro, teñen prestacións altamente superiores ás dos demais automóbiles, achegándose a niveis de competición, por esta mesma razón prodúcense en pequenas series e baixo pedido, con gran parte do seu proceso de fabricación feito a man. Modelos![]() Tauro V8[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas |