TaboadelaPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Taboadela.
Taboadela é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.443 habitantes (1.701 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «taboadelense». Demografía
![]()
PatrimonioNa parroquia de Torán, preto do lugar do mesmo nome, sitúanse as ruínas da torre de Torán, unha antiga construción de planta rectangular, posiblemente torre da homenaxe dun castelo. Está levantada cun basto aparello apenas desbastado. Nos lenzos ábrense estreitas troneiras por tres dos lados, mentres que no lado orientado ao oeste se sitúa unha porta de arco apuntado e cun tímpano dunha peza. Sobre a porta ábrense dúas ventás rectangulares xemelgas. Ten unhas dimensións de 11 metros de longo por algo máis de 8 de ancho, conservando unha altura media de 12 metros. Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de TaboadelaPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Taboadela vexa: Lugares de Taboadela. Véxase taménOutros artigos
|