Space Technology Research VehicleSpace Technology Research Vehicle, tamén coñecidos polo seu acrónimo, STRV, foi unha serie de satélites experimentais do Reino Unido logo.[1][2] CaracterísticasOs satélites STRV eran satélites experimentais construídos pola Axencia de Investigación de Defensa (DRA) para o Ministerio de Defensa do Reino Unido. Lanzáronse catro STRV en dúas parellas, a primeira (STRV 1A e STRV 1B) o 17 de xuño de 1994 a bordo dun Ariane 4 e a segunda (STRV 1C e STRV 1D) o 16 de novembro de 2000 a bordo dun Ariane 5.[1] Tiñan forma cúbica, cuns 50 cm de lado, e unha masa duns 100 kg. Foron inxectados en órbitas de transferencia xeoestacionaria para, entre outras cousas, estudar novas tecnoloxías á altura da órbita xeoestacionaria. Levaban a bordo experimentos tanto da Organización de Defensa de Mísiles Balísticos (BMDO), como da ESA, da DRA e de varias universidades.[1][2] Historial de lanzamentos
NotasVéxase taménOutros artigos |