Sigrid Undset
Sigrid Undset, nada en Kalundborg (Dinamarca) o 20 de maio de 1882 e finada en Lillehammer o 10 de xuño de 1949, foi unha escritora norueguesa. BiografíaFilla de Ingvald Undset, arqueólogo de renome internacional especializado na Idade de Ferro en Europa, naceu en Dinamarca, pero a súa familia trasladouse a Noruega cando ela contaba con dous anos. Realizou os seus estudos en Oslo, pero non puido ir á universidade a causa da morte do seu pai. Traballou como secretaria nunha importante empresa de enxeñaría cando contaba con dezaseis anos. As súas primeiras novelas foron Fru Marta Oulie (1907), Jenny (1911) e Vaaren (1914), nas que escribe en contra dos defensores do «amor libre». Incrementou e consolidou a súa fama con De kloge jomfruer (1918) e o ensaio Et kvindesynspunk (1919). As súas obras máis coñecidas son Kristin Lavransdatter (1920-1922) e Olav Audunssön (1925-1927), nas que trata o permanente conflito entre o amor terreal e o divino. Converteuse ao catolicismo en 1924, experiencia que narrou en Gymnadenia (1929) e en Den brændende busk (1930). Profesou na Terceira Orde da Penitencia de Predicadores como Dominica segrar. En 1940 trasladouse aos Estados Unidos, a causa da súa oposición á Alemaña nazi e a ocupación alemá de Noruega, onde participou activamente en movementos de loita contra os nazis. Volveu a Noruega en 1945, tras a finalización da segunda guerra mundial. Outras obras que cabe destacar son as novelas Den trofaste hustru (1936) e Madame Dorothea (1939), a súa autobiografía, Elleve aar (1934) e a súa famosa biografía sobre Catarina de Siena (1951). Foi galardoada en 1928 co premio Nobel de Literatura. Obra publicada
Véxase taménLigazóns externas
|