Signal Communication Orbit Relay Experiment
Signal Communication Orbit Relay Experiment, tamén coñecido polo seu acrónimo SCORE, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado en segredo o 18 de decembro de 1958 mediante un foguete Atlas B desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida. Só unha parte do equipo de lanzamento sabía que non se trataba dunha proba misilística senón da posta en órbita dun satélite.[2][3] CaracterísticasA misión de SCORE foi probar a factibilidade de usar satélites para comunicacións. A carga útil, de 70 kg de masa, consistía nun par de transmisores UHF alimentados por baterías cunha vida estimada de 21 días e acaroados á última etapa do foguete Atlas B co que foi lanzado. Cada transmisor constaba dun receptor de comandos, unha cinta gravadora con capacidade para catro minutos de son ou sete canais de teletipo. A bordo ademais ían un par de balizas para telemetría[2][3] O satélite demostrou o concepto de comunicacións mediante satélite mediante "gardado e envío" polo cal a mensaxe se garda nun medio a bordo do satélite e é transmitido cando está ao alcance do destinatario. As baterías esgotáronse aos 13 días de permanecer en órbita.[2][3] Véxase taménOutros artigosNotas
|