Sergio LlullSergio Llull Melià, nado o 15 de novembro de 1987 en Maó, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga para o Real Madrid da Liga ACB. Mide 1,92 metros, pesa 95 kg e pode xogar nas posicións de base e escolta. TraxectoriaLlull comezou xogando nas canteiras do La Salle Mahón e do CB i Unió Manresana. Fixo o seu debut na Liga ACB co Bàsquet Manresa na tempada 2005-06, o 8 de xaneiro de 2006. Esa mesma tempada xogou 11 partidos coma cedido no Finques Olesa. Á seguinte tempada estivo de volta no Manresa, e en maio de 2007 fichou polo Real Madrid.[1] En 2010, Llull estendeu o seu contrato co Real Madrid ata o ano 2014.[2] Foi elixido polos Denver Nuggets na 34ª posición do Draft da NBA de 2009. Os Houston Rockets mercaron os seus dereitos por unha cantidade preto dos 2.25 millóns de dólares.[3] Clubs
PalmarésSelección
Club
Notas
Véxase taménLigazóns externas |