Scratch Acid
Scratch Acid foi unha banda estadounidense de noise rock procedente de Austin, Texas, e formada no ano 1982. Inicialmente estivo composto por Steve Anderson (voces), David Wm. Sims (guitarra), Brett Bradford (guitarra), David Yow (baixo) e Rey Washam (batería). Anderson foi expulsado da banda antes de que gravasen algún álbum, facendo que Yow pasase a encargarse das voces e Sims do baixo. Os dous primeiros traballos de Scratch Acid foron editados polo selo independente de Texas Rabid Cat, o terceiro e derradeiro pola discográfica Touch and Go Records. Un recompilatorio postumo titulado The Greatest Gift, lanzouse pola Touch and Go Records en 1991. O xornalista musical Will Lerner falou da banda como "a equivalente estadounidense de The Birthday Party". Despois de gañar reputación como unha tola e ruidosa banda de punk, Scratch Acid separouse en 1987. Segundo o libreto de The Greatest Gift, os membros da banda nunca recibiron compensación algunha por parte de Rabid Cat ou Fundamental Records (que distribuia os seus discos en Europa). Discografía
|