SOASOA é o acrónimo inglés para o concepto Service Oriented Architecture (Arquitectura orientada ós servizos en galego). Este concepto é empregado na arquitectura de programación, que define o emprego de servizos para darlle soporte e solución ós requisitos dos negocios e empresas. CaracterísticasO obxectivo da arquitectura SOA é a creación de sistemas electrónicos que se poidan escalar, e que mostren o negocio da organización o máis fielmente posible. Para iso defínese un estándar de definición e invocación dos servizos, o que facilita a interacción entre os diferentes sistemas propios ou cos sistemas externos á compañía. SOA define as seguintes capas de programación ou tipos de servizos:
Deseño e Desenvolvemento SOAA metodoloxía de modelado e deseño para as aplicacións SOA coñécese coma análise e deseño orientado ós servizos. A arquitectura orientada ós servizos é tanto un marco de traballo para o desenvolvemento do software coma un marco de traballo de implantación. Para que un proxecto SOA teña éxito, os programadores do software teñen que orientarse cara esta mentalidade de crear servizos comúns para a implantación tecnolóxica dos procesos de negocio. O desenvolvemento de sistemas empregando SOA require un compromiso con este modelo en termos de planificación, ferramentas e infraestrutura. Cando a maioría de usuarios e programadores falan dunha arquitectura orientada ós servizos, están falando dun conxunto de servizos residentes en Internet ou nunha Intranet. Existen diversos estándares relacionados cos servizos web. Por exemplo: Non obstante un sistema SOA non necesariamente teñen que empregar estes estándares para ser "orientado ós servizos", mais é aconsellado o seu uso. Nun ambiente SOA, as conexións da rede propia fan accesibles os recursos propios a outros participantes da rede, coma se fosen servizos independentes, ós cales téñense acceso dunha maneira estandarizada. A maioría das definicións SOA identifican a utilización de servizos Web (empregando SOAP e WSDL) na súa implantación, de todas as maneiras pódese implantar SOA empregando calquera tecnoloxía baseada en servizos. Linguaxes de programación de alto nivelAs linguaxes de programación de alto nivel coma BPEL o W-coordination levan o concepto de servizo un paso máis adiante, ó proporcionar métodos de definición e soporte para os fluxos de traballo e procesos de negocio. BeneficiosOs beneficios que pode obter unha organización que adopte SOA son:
Véxase taménBibliografía
|