Síndrome do intestino irritableA síndrome do intestino irritable ou colon irritable é unha patoloxía do aparello dixestivo caracterizada pola alteración funcional dos hábitos deposicionais e intestinais sen que estea xustificado por ningunha anomalía estrutural en ningún órgano[1]. Dado que non existe ningún marcador clínico, proba de imaxe ou calquera outro test diagnóstico, considérase unha doenza de exclusión[2] e o seu diagnóstico baséase nas manifestacións clínicas. O colon irritable diagnostícase en base a uns criterios clínicos establecidos que se coñecen coma Roma II. A prevalencia desta patoloxía abrangue entre o 10 e o 20 por cento da poboación mundial, cun claro predominio no sexo feminino. A síndrome do intestino irritable está asociada típicamente a outras doenzas funcionais, coma a cefalea tensional, a síndrome de fatiga crónica, a fibromialxia ou a cistite intersticial. SíntomasO síntoma principal e necesario para o diagnóstico de colon irritable é a dor ou as molestias abdominais. Esta dar de xeito típico adoita mellorar tras a defecación ou a expulsión de gases. Pode consistir tanto nunha dor constante e continua coma intermitente en forma de cólico. A dor empeora co estrés e coas comidas. Normalmente non se asocia desnutrición e o sono nocturno adoita ser respectado.a Ademais da dor, poden coexistir e incluso intercalarse e episodios de estreñemento e diarrea. Cando se produce diarrea, esta pode ir acompañada de mucosidade, de xeito que o termo "colite mucosa" é un sinónimo moitas veces desta doenza. En case a metade dos pacientes, ademais, pódense identificar síntomas do aparello dixestivo superior: náuseas, vómitos, refluxo gastroesofáxico ou dispepsia. DiagnósticoNon existe ningunha proba médica que diagnostique a síndrome do colon irritable. Os criterios diagnósticos son estritamente baseados na clínica e determinados por un comité de expertos, no que se denomina os Criterios de Roma II[3].
TratamentoA síndrome do colon irritable é unha doenza benigna, polo que comprería explicar e tranquilizar ao paciente o curso da enfermidade. Dado que os pacientes adoitan a estar preocupados e que o estrés emocional inflúe nesta doenza, a correcta educación sanitaria pode mellorar os síntomas[4]. Outro piar terapéutico radica nos cambios de estilo de vida, sobre todo no exercicio e na alimentación. A dieta libre de glute, baixa en FODMAPs ou rica en fibra poderían mellorar os síntomas de colon irritable.[5] Non existe ningún tratamento específico para o colon irritable. As posibles opcións terapéuticas dependerán dos síntomas que manifeste o paciente e irán encamiñadas ao tratamento específico destes. Notas
Véxase taménOutros artigos |