Rodolfo Llinás
Rodolfo Llinás Riascos, nado en Bogotá o 16 de decembro de 1934, é un médico neurofisiólogo colombiano de recoñecida traxectoria a nivel mundial polas súas achegas no eido da neurociencia. TraxectoriaGraduouse como médico cirurxián da Pontificia Universidade Javeriana e obtivo o seu doutoramento en neurofisioloxía na Universidade Nacional de Australia. É profesor de neurociencia na Escola de Medicina da Universidade de Nova York, na que foi ademais director do departamento de Physiology & Neuroscience e desempeña a cátedra "Thomas e Suzanne Murphy" no centro médico da Universidade de Nova York. É o primeiro e único "University Professor" que tivo a Escola de Medicina da Universidade de Nova York no seus 180 anos de existencia. "University Professor" permítelle dar cursos de nivel universitario, en calquera área do coñecemento humano. Dirixiu o programa do grupo de traballo científico "Neurolab" da NASA. Entre as distintas achegas polas que é coñecido atópanse os seus traballos sobre fisioloxía comparada do cerebelo, as propiedades electrofisiolóxicas intrínsecas das neuronas coa enunciación da hoxe coñecida como "Lei de Llinás", e sobre a relación entre a actividade cerebral, as ondas cerebrais e a conciencia. Véxase tamén
Ligazóns externas |