Ricardo Zonta
Ricardo Luiz Zonta (nado o 23 de marzo de 1976) foi un piloto de carreira profesional brasileiro. Inicios nas carreirasNado en Curitiba, Brasil, Zonta comezou o karting en 1987, gañando a súa primeira carreira pouco despois. O ano seguinte, foi subcampión do Curitiba Karting Championship e en 1991 gañou o título. Continuou no karting ata 1992, terminando cuarto no Campionato de karting de São Paulo antes de pasar aos monoprazas en 1993. Terminou 6º no campionato de Fórmula Chevrolet brasileiro e despois en 1994, quedou quinto no campionato de Fórmula 3 brasileiro. Un ano despois, Zonta gañou o Campionato de Fórmula Tres do Brasil e Suramérica. Pasou a Europa en 1996, Zonta competiu na Fórmula Internacional 3000 no Campionato Draco Racing, gañando dúas carreiras e terminando en cuarto lugar. No mesmo ano, converteuse no primeiro brasileiro en competir na International Touring Cars, con Mercedes. En 1997 gañou tres carreiras e o campionato de Fórmula 3000. Tamén logrou o premio "Golden Helmet" ao mellor piloto internacional polos seus esforzos. O equipo Jordan de Fórmula Un contratouno como piloto oficial de probas logo do seu campionato, e en 1998 contyratouno o xefe de McLaren Ron Dennis. Zonta probou co equipo McLaren de Fórmula 1 en 1998 e gañou ao mesmo tempo o FIA GT Championship (clase GT1) e o "Golden Helmet" na categoría de "prominencia mundial". En outubro de 1998, inmediatamente despois de gañar o campionato da FIA GT, Zonta asinou co equipo B.A.R. de Fórmula 1 como un dos pilotos para a tempada 1999,[1][2] despois de rexeitar as ofertas de Jordan e Sauber.[1] Carreira na Fórmula 1![]() En 1999, Zonta comezou como piloto de carreiras de Fórmula Un xunto co Campión do Mundo de 1997 Jacques Villeneuve no novo equipo B.A.R.. Zonta lesionouse un pé nun accidente durante a práctica do Gran Premio do Brasil, e perdeu tres carreiras. Tamén tivo un grande accidente en Spa-Francorchamps, e terminou a tempada sen puntos no campionato. Zonta permaneceu con B.A.R para a tempada 2000, anotando o seu primeiro punto no campionato do mundo cun sexto lugar na carreira inicial. Tivo outro grande accidente cando rompeu a suspensión dianteira durante as probas no circuíto de Silverstone, pero continuou a tempada, anotando puntos tanto en Italia como no Gran Premios dos Estados Unidos, para finalizar 14º no campionato. Substituído por Olivier Panis para a tempada 2001, Zonta converteuse no terceiro piloto do equipo de Jordan, substituíndo ao ferido Heinz-Harald Frentzen nunha carreira, e despois de novo cando Frentzen foi despedido. Substitúeo polo resto da tempada. En 2002, decidiu centrarse na Telefónica World Series, que gañou. Zonta foi entón contratado como piloto de probas para o equipo Toyota F1 en 2003, mantendo a posición en 2004. Ao final da tempada, o equipo despediu a Cristiano da Matta e Zonta conduciu en catro Grandes Premios. En Bélxica, estaba nunha brillante cuarta posición cando fallou o motor a falta de tres voltas para meta. En Suzuka, o equipo contratou a Jarno Trulli e Zonta quedou fora do evento, pero o equipo permitiulle competir na súa carreira na casa, o Gran Premio do Brasil, no que acabou 13º. Continuou como piloto de probas para Toyota en 2005, xunto ao veterano piloto francés Olivier Panis. Máis tarde a finais dese ano no Gran Premio dos Estados Unidos, substituíu a un ferido Ralf Schumacher e tomou o seu posto na grella, só para que Toyota, como os outros seis equipos calzados con Michelin, se retirase da carreira debido a problemas de seguridade. 2006 viu a Zonta continuar con Toyota como terceiro piloto e piloto de probas do equipo. Ricardo Zonta foi confirmado como piloto de probas para o equipo Renault para a tempada 2007 1 o 6 de setembro de 2006.[3] Despois da Fórmula UnEn 2007, Zonta entrou nas series Stock Car Brasil en paralelo co traballo no equipo Renault.[4] En 2008, Zonta iniciou a súa carreira nos automóbiles deportivos ao disputar as 24 Horas de Le Mans con Peugeot Sport, pilotando o coche nº #9, xunto a Franck Montagny e o piloto de probas de Fórmula Un Christian Klien. Tamén participou no Campionato Grand Am en América con Krohn Racing, mentres que tamén foi propietario e pilto do equipo Panasonic Racing nas Stock Car Brasil. Rexistro de carreirasResultados completos da Fórmula 3000 internacional(clave) (As carreiras en negra indican pole position) (As carreiras en cursiva indican volta rápida)
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
Resultados completos na Fórmula Un(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
† Piloto que non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira. Resultados completos na Stock Car Brasil† O piloto non terminou a carreira, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira. * Tempada en progreso. Resultados do campionato GT da FIA
Resultados no campionqto de mundo GT1
Resultados nas series GT da FIA
Notas
Véxase tamén
BibliografíaOutros artigosLigazóns externas
|