Quinta República Francesa
A Quinta República é a quinta e actual constitución republicana de Francia, presentada o 4 de outubro de 1958.[1] A Quinta República xurdiu tralo colapso da Cuarta República, en substitución do anterior goberno parlamentario cun sistema presidencialista. É o terceiro sistema político máis duradeiro da historia de Francia, tras o Antigo Réxime e a Terceira República. OrixesO detonante do colapso da Cuarta República foi a crise de Alxeria; a pesar dos conflitos e revoltas do proceso de descolonización, África Occidental, Indochina e Alxeria seguían contando con representantes na Asemblea Nacional, nun sistema de sufraxio censatario na Unión Francesa. Alxeria en particular, a pesar de ser a colonia con máis poboación francesa, viu incrementarse a presión para a separación da metrópole. A situación complicouse pola disparidade de opinións da poboación, xa que algúns colonos brancos querían seguir pertencendo a Francia, o que provocou que a guerra de Independencia se converteu non só nun movemento separatista, senón que tamén tivo elementos dunha guerra civil. Complicouse máis a situación cando unha parte do exército francés se revelou e apoiou abertamente a "Alxeria Francesa", movemento para acabar coa separación. Charles de Gaulle, que se retirara da política unha década antes, meteuse no medio da crise, facendo un chamamento á nación para suspender ao goberno e crear un novo sistema constitucional. De Gaulle chegou ao poder pola incapacidade do parlamento para elixir a un goberno, as protestas populares forzaron a última votación do parlamento da Cuarta República, que acordou a disolución desta e un acordo constitucional (Alxeria converteuse nun país independente o 5 de xullo de 1962). A Cuarta República sufriu unha falta de consenso político, un executivo débil e a rápida formación e disolución de distintos gobernos dende a segunda guerra mundial. Sen partidos ou coalicións capaces de manter unha maioría parlamentaria, os primeiros ministros foron incapaces de arriscar a súa situación política con reformas impopulares. De Gaulle e os seus simpatizantes propuxeron un sistema de presidentes executivos fortes, con mandatos de sete anos. Segundo a constitución proposta, o presidente tería o poder executivo para dirixir o país, xunto co primeiro ministro. O 1 de xuño de 1958, Charles de Gaulle converteuse en presidente;[2] o 3 de xuño de 1958, unha lei constitucional permitiu ao novo goberno redactar unha nova Constitución francesa,[1] e outra lei permitiu a Charles de Gaulle e ao seu goberno gobernar por decreto durante un máximo de 6 meses, salvo en determinados asuntos relacionados cos dereitos básicos dos cidadáns (dereito criminal etc.).[3] Estas medidas aprobáronse mediante o Referendo do 28 de setembro de 1958, apoiado por máis dun 80% dos votantes.[4] A nova constitución foi promulgada o 4 de outubro de 1958.[5] Debido a que cada nova constitución comporta unha nova república, Francia pasou da Cuarta á Quinta República. A nova constitución contiña cláusulas transitoria (artigos 90–92) prorrogou o goberno por decreto ata que as novas institucións estiveran operativas. René Coty foi o presidente da república ata que o novo presidente fora proclamado. O 21 de decembro de 1958, Charles de Gaulle converteuse en Presidente de Francia por un colexio electoral.[6] A Comisión electoral provisional, que actuou no lugar do Consello Constitucional, fixo públicos os resultados o 9 de xaneiro de 1959. O novo presidente comezou o seu mandato ese día, nomeando a Michel Debré como primeiro ministro. A constitución de 1958 tamén substituíu a Unión Francesa pola Comunidade Francesa, o que permitiu a catorce territorios membros lograr a independenza.[7] 1960 coñeceuse como o "Ano de África", debido á independencia conseguida en varios estados.[8] EvoluciónO presidente elixiuse inicialmente polos colexios electorais, pero en 1962 de Gaulle propuxo que o elixiran directamente os cidadáns, e convocou un referendo sobre o cambio. Aínda que os métodos empregados por de Gaulle recibiron críticas por parte de todos os grupos políticos excepto os Gaullistas, o cambio aprobouno o electorado francés.[9] O Tribunal Constitucional non se pronunciou sobre a constitucionalidade do referendo.[10] O presidente pasou a elixirse dende entón cada 5 anos, ata o referendo constitucional do 2000, que o mudou a sete anos o período de elección, para reducir a posibilidade de convivencia, isto é que coincidan no goberno un presidente ou un primeiro ministro dun partido e o outro da oposición, debido á diferenza do período de mandato do presidente e do primeiro ministro. A primeira volta está aberta a todos os candidatos e establece un presdente, se ningún deses candidatos obtén unha maioría absoluta. Se non hai un gañador na primeira volta, os dous candidatos con máis votos van a unha segunda volta. Na década de 1970 ocorreron dous cambios importantes en canto ao equilibrio de poderes.[11] Tradicionalmente, Francia rexíase de acordo á soberanía parlamentaria: ningunha autoridade podía cuestionar se as leis aprobadas polo Parlamento respetaban os dereitos constitucionais dos cidadáns.[12] En 1971, o Consello Constitucional, alegando que o preámbulo da Constirución fai referencia aos dereitos recollidos en 1789 na Declaración dos dereitos do home e do cidadán e tamén a Constitución de 1979, concluíu que os estatutos debían respectar eses dereitos e declarou parcialmente inconstitucional unha lei, porque violaba a Liberdade de asociación.[13] Porén, só o Presidente da República, o Primeiro Ministro, e o Presidente de cada Cámara do Parlamento podían solicitar a revisión da constitucionalidade dunha lei, o que reduce en gran medida a posibilidade de revisión, se todos estes cargos políticos son do mesmo partido, que era a situación naquel momento. En 1974 unha emenda constitucional ampliou as persoas que podían pedir a revisión dunha lei a 60 membros da Asemblea Nacional e 60 membros do Senado.[14] Dende entón a oposición foi capaz de deter polémicas emendas denunciando a súa constitucionalidade.[15] Presidentes da Quinta RepúblicaOs Gaullistas están en azul, os Socialistas en rosa e os centristas en verde azulado.
Primeiros Ministros da Quinta República FrancesaNotas
Véxase taménOutros artigosBibliografía
|