Promitheas Patras
|
|
Información xeral
|
Nome
|
Athlitikos Syllogos Promitheas
|
Liga
|
A1 Ethniki
|
Fundación
|
1986
|
Cores
|
Negro, branco, laranxa
|
Presidente
|
Vangelis Liolios
|
Adestrador
|
Makis Giatris
|
Localización
|
Cidade
|
Patras, Grecia
|
Pavillón
|
Pavillón Dimitrios Tofalos
|
Capacidade
|
5.150
|
Inauguración
|
1995
|
asp-promitheas.gr
|
O A.S.P. Promitheas (en grego: Α.Σ.Π. Προμηθέας Πατρών K.A.E.), tamén coñecido como Promitheas Patras, é un equipo profesional de baloncesto da localidade de Patras, Grecia. Fundado no ano 1986, o club compite actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O dono do club é Vangelis Liolios, propietario da compañía helena de café Coffee Island. O Promitheas xoga os seus partidos como local no Pavillón Dimitrios Tofalos, recinto con capacidade para 4,200, a cal pode ser ampliada até os 5.150 espectadores.
Historia
O club polideportivo A.S. Promitheas Patras foi fundado no ano 1985, creando a súa sección de baloncesto masculino ao seguinte. O equipo comeza na temporada 1986–87 na Gamma Ethniki, o cuarto nivel do baloncesto grego. Nun só ano acada o ascenso á Beta Ethniki e, en 1992 chega á segunda división, a A2 Ethniki. Con todo, o equipo descenso ao ano seguinte. Desde aquela altura sucedéronse continuos ascensos e descensos, encontrándose en 2013 de novo na cuarta categoría. Porén, desde ese momento conseguiu tres ascensos de forma consecutiva, chegando por vez primeira en 2016 á máxima categoría, a A1 Ethniki, en 2016. Para esta nova etapa contratou como adestrador a Nikos Vetoulas, cunha ampla experiencia a nivel nacional e internacional,[1] e xogadores como Mouhammad Faye, Zisis Sarikopoulos, Nikos Gikas ou Angelos Tsamis. Ese mesmo ano, o club finaliza en noveno lugar e chega a disputar os oitavos de final da Copa de Grecia.
Traxectoria
Ano
|
Categoría
|
División
|
Pos.
|
Playoffs
|
Copa
|
Europa
|
2013–14
|
4
|
G Ethniki
|
1
|
Ascenso
|
—
|
—
|
2014–15
|
3
|
B Ethniki
|
1
|
Ascenso
|
—
|
—
|
2015–16
|
2
|
A2 Ethniki
|
3
|
Ascenso
|
—
|
—
|
2016–17
|
1
|
A1 Ethniki
|
9
|
—
|
Oitavos de final
|
—
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas