Project Zomboid
Project Zomboid é un videoxogo de mundo aberto isométrico en desenvolvemento polo equipo británico-canadense The Indie Stone. O xogo comeza nun mundo post-apocalíptico, na zona de exclusión zombi da ficticia Knox County, en Kentucky, onde o xogador é desafiado para sobrevivir o maior tempo posíbel antes de inevitablemente, morrer. Foi un dos cinco xogos lanzados na "alpha funding section" do portal de videoxogos Desura.[1] No 2011, The Indie Stone foi vítima dun roubo no que subtraeron dous portátiles que contiñan o código do videoxogo. Dende entón, Project Zomboid apareceu no Steam Early Access e continúa en desenvolvemento hoxe en día. Project Zomboid é o primeiro xogo de The Indie Stone comercialmente vendido.[2] A versión máis tardía e estable é a Versión 41, publicada en decembro do 2021, o cal inclúe unha revisión das animacións, combate, música e son novo, e a nova cidade de Louisville, Kentucky, e un multixogador renovado por General Arcade.[3][4] Project Zomboid está ambientado en 1993, co xogo arrancando por defecto o 9 de xullo; aínda que con todo, a data de inicio e o tempo poden ser cambiados nos axustes do xogo. HistoriaA historia de Project Zomboid e o Evento Knox é sabido a través de emisións de radio e canles de televisión, as cales despois do 18 de xullo, a maioría destas canles terminan as súas emisións. A causa e a orixe da Infección de Knox é descoñecido, pero pese a iso, é teorizado por varios periodistas en KnoxTalk, unha estación de radio no xogo, que podería ser unha enfermidade prión, un acto de Deus, ou bioterrorismo. O método de propagación da enfermidade sábese que é por saliva, sangue, e máis adiante, por gotas de auga no aire. De todas formas, o xogador principal (o noso carácter) é inmune á última forma de infección (e por iso non sucumbe á enfermidade por ese método). Os demais métodos de transmisión si que afectan ao noso carácter, o cal despois de ser infectado, empezará a experimentar ansiedade e náuseas, que progresivamente empeorará até que o xogador finalmente sucumbe á infección, pois non hai ningunha cura para a Infección Knox; é invariablemente fatal. O xogo comeza o nove de xullo de 1993, aproximadamente tres días após o exército dos Estados Unidos montara un bloqueo que rodea as áreas infectadas de Muldraugh, Riverside, West Point, e Rosewood. O Xeneral John McGrew, un xeneral do Exército dos Estados Unidos de América a cargo das medidas de contención dentro da Zona de Exclusión de Knox County, máis tarde publica un comunicado con respecto ao acontecemento, dicindo ás persoas que manteñan a calma e que "NON hai evidencia de fatalidades dentro da Zona de Exclusión." O 11 de xullo, a OMS paraliza todos os voos non médicos ou militares internacionalmente para protexer a outros países de ser infectados. Debido a isto, os disturbios empezan a estalar a través de todos os Estados Unidos, e os toques de queda entran en vigor na Cidade de Nova York e Miami despois de que os disturbios causaran múltiples danos e mortes. Máis tarde nese mesmo día, unha imaxe é filtrada desde West Point aos medios de comunicación, mostrando un home cun único brazo con sangue na súa boca, parado nunha rúa chea de corpos mortos. O 14 de xullo, miles de persoas infectadas penetran o bloqueo militar que rodeara á Zona de Exclusión, facendo que os militares se tiveran que retirar. Louisville tamén é infectada ao redor deste tempo, a pesar de que o xogador pode visitar Louisville o 9 de xullo e atopalo infestado con zombis. A medida que a zona de exclusión amplíase, é revelado que o virus está empezando a estenderse polo aire. Nun último esforzo, os Estados Unidos destrúe as pontes que cruzaban o Río de Ohio, atrapando a calquera supervivente e zombi dentro do Knox County. Finalmente, o 17 de xullo, hai casos do virus confirmado en Cincinnati, múltiples cidades en Inglaterra, Mogadixo, Seúl, e Okinawa. John McGrew entrega unha emisión final, chamando ás armas para defenderse dos zombis e tamén para defender aos Estados Unidos. XogabilidadeEn Project Zomboid, o xogador céntrase en sobrevivir polo maior tempo posíbel nunha área apocalíptica infestada de zombis aos arredores da cidade de Louisville, Kentucky - referido como 'Knox County' - a cal foi posta en corentena polo goberno.[5] O xogador pode escoller a aparencia do seu carácter, ocupación e trazos antes de seleccionar o punto de aparición dentro de catro cidades de partida, no que o tipo de ocupación escollida tamén influirá onde aparece o carácter (ex.: Un bombeiro ten unha posibilidade máis alta de aparecer nunha estación de bombeiros se a cidade escollida ten unha). Ademais de ter que evitar zombis, o xogador ten que xestionar as súas necesidades persoais (como a fame, a tensión, fatiga, e o aburrimento entre outras) para manterse con vida, buscando subministracións e usando técnicas de supervivencia. O xogador pode subir os niveis das súas habilidades facendo actividades relacionadas con esa certa habilidade e lendo libros de habilidades (que dan un aumento na rapidez da obtención de puntos de habilidades) e tamén lendo revistas. O xogo ademais utiliza o estilo tradicional de George A. Romero no que os zombis móvense lento, pero no que existen outros máis rápidos, e un modo de mundo aberto que inclúe un axuste para ter zombis "sprinter" (corredores) ao estilo 28 Days Later. O xogo presenta unha variedade de modos de dificultade predeterminados, xunto cun modo de mundo aberto, o cal deixa ao xogador personalizar os axustes da súa partida, como a poboación zombi, a transmisión do virus, e a rareza do botín. 'Knox County' - a rexión xogable en Project Zomboid - baséase moito na Área metropolitana de Louisville. As cidades de Muldraugh, West Point, e Louisville están replicadas no mundo do xogo xunto con outras zonas ficticias, como Riverside, no que o mundo pasa a ser máis desolado e decrépito co paso do tempo, coa auga e a electricidade sendo desactivadas nun período variable dun mes despois do inicio do xogo, seguido coa erosión e crecemento excesivo das plantas nas estruturas rexionais. Adicionalmente a todo isto, o xogo presenta escenarios 'desafío', algúns dos cales están en mapas separados máis pequenos e/ou presentan elementos únicos na xogabilidade. Por dar un exemplo, hai un desafío sobre unha tormenta de inverno interminable ou unha horda zombi que persegue ao xogador. A comunidade modder tamén é moi activa neste xogo, permitindo unha customización maior na xogabilidade. Os mods van desde cambios menores na calidade de vida, como unha barra visible de resistencia, fame e auga, ata revisións completas das mecánica e o xogo. Estes mods poden ser atopados no Taller da Comunidade de Steam. A comunidade deste xogo tamén actualiza activamente a wiki do xogo. Desenvolvemento
Segundo os desenvolvedores, o xogo foi algo que "sempre quixeron facer" e o seu "xogo desexado" a pesar de que sentiron que serían incapaces de facelo debido á falta tempo. Isto cambiou após o éxito de Minecraft, o cal mostroulles "outro xeito de desenvolver un xogo" que produciría un resultado máis rápido.[6] Segundo o equipo, a principal inspiración para o xogo foron as películas de zombis en lugar dos videoxogos de zombis.[6] ComezosO xogo foi primeiro publicado o 25 de abril de 2011, como unha demo técnica.[7] Foi escrito na linguaxe de programación Java pola súa portabilidade, usando LWJGL.[8] ContratemposEn xuño de 2011, pouco despois da publicación do xogo como unha demo pre-alpha de paga, o xogo foi filtrado, e copias non autorizadas comezaran a expandirse por moitas outras páxinas web.[9] A versión non autorizada do xogo permitía a descarga de actualización automática desde os servidores de Project Zomboid con só premer o botón "actualizar agora", dando igual que o usuario teña a versión auténtica ou non. The Indie Stone para evitar que a xente seguira pagando pola pre-alpha cando o xogo está circulando gratis, desactivou a versión de pago e en vez de iso, publicou unha "demo técnica pública" gratis ao día seguinte para evitar perder "diñeiro potencial".[10][11] O 15 de outubro de 2011, o piso de dous desenvolvedores foi roubado, e subtraeron dous portátiles que contiñan unha gran parte do código do xogo, o cal non foi respaldado de maneira correcta.[12] Isto resultou en demoras severas ao desenvolvemento de xogo.[13][14] Debido a este contratempo, deron unha presentación en Rezzed titulado "Como (non) facer un videoxogo", falando dalgunhas leccións que aprenderon dende o inicio do proxecto.[15] ContinuaciónO 8 de novembro do 2013, Project Zomboid foi publicado no Steam Early Access .[16] Pouco despois, en febreiro do 2014, The Indie Stone publicou unha versión multixogador por primeira vez.[17] Despois desta actualización, o xogo seguiu sendo actualizado co paso do tempo, con revisións numerosas á xogabilidade e son, así como unha eliminación e reintegración subseguinte, do multixogador mencionado.[18] O xogo considérase que está nunha "versión completa", pero no que se seguen engadindo regularmente novas cousas e arranxando erros. Os desenvolvedores tamén se comunican activamente cos xogadores, publicando blogs cada dúas semanas, os xoves, coñecidos como Thursdoids (chamados así por unha mestura de xoves en inglés, Thurs, e Doids, polo "Zomboid" no seu nome). Estes poden ser sobre actualizacións, servidores, cambios ou eliminación de erros na seguinte versión ou nos que ensinan mods.[19] Notas
Véxase taménLigazóns externas |