A tempada 2014-2015 do Pro12 foi a décimo cuarta edición da Liga celta de rugby, que se creou no ano 2001. A liga comezou o 5 de setembro do 2014 e rematou coa gran final o 30 de maio do 2015 no Kingspan Stadium en Belfast, Irlanda do Norte. Nesta tempada, o banco neerlandés RaboDirect deixou de ser o patrocinador oficial da competición. A famosa compañía cervexeira irlandesa Guinness tomou o testemuño e converteuse no esponsor maioritario do campionato. Leinster Rugby partía como o defensor do título, pero a vitoria lográrona os xogadores do Glasgow Warriors escocés.
Equipos
O torneo está composto por 12 equipos (4 irlandeses, 4 galeses, 2 escoceses e 2 italianos), e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronta ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.
O sistema de puntuación é o seguinte:
- 4 puntos pola vitoria.
- 2 puntos polo empate.
- 0 punto pola derrota.
- 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios.
- 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.
Clasificación
Semifinais e final
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Equipos | |
---|
Antigos equipos | |
---|
Estadios | |
---|
Temporadas | |
---|