Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Placa computadora

O Raspberry Pi (móstrase o modelo 2B) é una placa computadora de baixo custo que se emprega a miúdo para ensinar informática.[1]

Unha placa computadora, monoplaca ou SBC (Single-board computer, pola súa sigla en inglés) é un ordenador completo construído nunha única placa de circuíto, con microprocesador(es), memoria, entrada/saída (E/S) e outras características necesarias para un ordenador funcional. As placas computadoras fabrícanse habitualmente como sistemas de demostración ou desenvolvemento, para sistemas educativos ou para o seu uso como controladores informáticos integrados. Moitos tipos de ordenadores domésticos ou portátiles integran todas as súas funcións nunha única placa de circuíto impreso.[2]

A diferenza dun ordenador persoal de sobremesa, as placas computadoras a miúdo non dependen de baías de expansión para funcións periféricas ou expansión. As placas computadoras construíronse empregando unha ampla gama de microprocesadores. Os deseños sinxelos, como os construídos por afeccionados á informática, adoitan usar RAM estática e procesadores de baixo custo de 32 ou 64 bits como ARM. Outros tipos, como os servidores blade, terían un rendemento similar a un ordenador servidor, só que nun formato máis compacto.

Un ordenador modular (COM) é un tipo de monoplaca deseñado para conectarse a unha placa base ou un backplane para a expansión do sistema.[3][4]

Notas

  1. "Foundation Strategy 2016–2018" (PDF). Raspberry Pi (en inglés). Raspberry Pi Foundation. pp. 3–5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-06-09. Consultado o 2016-11-26. 
  2. Delgado, Juan Manuel (2024-11-19). "Cuál es el PC SBC tipo Raspberry Pi más potente y todo lo que puedes hacer con él". Computer Hoy (en castelán). Consultado o 2025-07-14. 
  3. "COM – Based SBCs: The Superior Architecture for Small Form Factor Embedded Systems" (PDF) (en inglés). Diamond Systems Corp. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-12-29. Consultado o 2016-12-27. 
  4. "Implementing High Performance Embedded Computing Hardware" (PDF) (en inglés). Trenton Systems, Inc. 2016-09-01. pp. 13–15. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-11-26. Consultado o 2016-11-26. 

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya