Peter Stringer
Peter Alexander Stringer, nado en Cork o 13 de decembro de 1977, é un xogador de rugby irlandés que xoga de medio de melé no Munster e con Irlanda. É un dos xogadores de rugby máis recoñecidos a pesar de medir tan só 1,70 m de estatura e pesar en torno aos 70 kg [1]. TraxectoriaPeter Stringer forma parte do Munster Rugby dende 1998. En febreiro do 2000 debutou coa selección irlandesa fronte a Escocia na edición do ano 2000 do Torneo das Seis Nacións. En rebreiro do 2006 anotou o ensaio definitivo[2] para Irlanda fronte a Gales na vitoria irlandesa por 31-5 fronte ao XV galés no Torneo das Seis Nacións 2006. Tamén xogou un papel fundamental na Heineken Cup conquistada polo Munster na tempada Copa de Europa de rugby 2005-2006, cando anotou o ensaio da vitoria e foi nomeado Man of the Match na final disputada fronte ao Biarritz que finalizou co resultado de 19-23 no Millennium Stadium de Cardiff (Gales) [3] e tamén nesta mesma competición, na tempada 2007-08.[4] Na fase de grupos da Heineken Cup 2007-08 dirixiu 33 fases do Munster ante o Llanelli Scarlets durante máis de 5 minutos ata o final do partido que gañarían os irlandeses en Llanelli (Gales) por 16-29.[5]
Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas |