Partido Galego
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que naceu en 2020 coa intención de representar todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. IdeoloxíaO perfil político do Partido Galego sitúase na centralidade política, tendo como piar principal da súa ideoloxía un sentimento galeguista. O Partido Galego ten como intereses principais a defensa e a protección da cultura galega, a defensa dos piares do benestar públicos (educación, sanidade, servizos sociais e pensións), a defensa da ecoloxía, a defensa do rural e a defensa do desenvolvemento sostible dos sectores produtivos da comunidade conectando coa sociedade galega.[1] A súa acción política céntrase en gran medida no apoio e mellora en sectores consolidados tales como a pesca, gandaría, viticultura etc., así como en impulsar sectores potenciais da industria, xerando unha produción que atenda a economía circular amosando especial atención no conxunto da cadea de valor. O Partido Galego aposta polo comercio sostible, tratando de fomentar que esta actividade se exerza no comercio de proximidade e que sexa ecolóxico. LogotipoO logo representa o conxunto das ideas básicas do partido e está formado polas siglas PG. Nelas distínguense un carballo (árbore propia do clima oceánico de Galicia), unha rede de pesca (propia dun dos sectores produtivos máis importantes da comunidade), a bandeira de Galicia e as lentes de Castelao (timidamente ocultas entre as letras gue e o na palabra galego).[2] TraxectoriaO Partido Galego presentouse o 12 de decembro de 2020 en Melide[3] e fixo o seu Congreso Constituínte en Arzúa o 22 de outubro de 2022,[4][5] e o seu primeiro Congreso ordinario foi en Teo, o 6 de abril de 2024, onde foron elixidos como dirixentes Miguel Míguez, como secretario xeral da formación, e Francisco Villanueva como presidente.[6] Defínese como un partido de "centro transversal" e sitúase a si mesmo "no espazo do galeguismo, da moderación, e do equilibrio medioambiental".[7] A disposición gráfica das siglas (PG) é moi semellante[8] ás do extinto Partido Galeguista Demócrata, na etapa en que fora dirixido por Manoel Soto. Presentouse ás municipais de 2023 como membro da coalición Contamos en concellos lugueses[9] e, a coalición, conseguiu 4.589 sufraxios o 2,39% da provincia de Lugo. A maior parte do apoio recibido veu de Sarria con 2 808 votos grazas a que Camiña Sarria formaba parte da coalición. Sacaron 18 concelleiros. O Partido Galego estreouse nas eleccións europeas cun resultado de 2.074 sufraxios en Galicia, e mais en total acadaron 5.604 obtendo a maior parte do seu apoio fóra de Galicia presuntamente de galegos emigrados.[10] A súa candidata foi Olga Dourado.[11] Resultados electoraisEleccións municipais
Parlamento Europeo
Notas
Véxase taménLigazóns externas |