Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

PVC

PVC
Logo
Estrutura
 Instancia de
Propiedades xerais
 Densidade absoluta
1.39 g/cm³ 20 ℃ sólido Editar o valor en Wikidata
Propiedades térmicas
 Punto de fusión
200 ℃ Editar o valor en Wikidata
Identificadores
MeSHD011143 Editar o valor en Wikidata
Número CAS9002-86-2 Editar o valor en Wikidata
ChEBI53243 Editar o valor en Wikidata
Beilstein8611128 Editar o valor en Wikidata
KEGGC19508 Editar o valor en Wikidata
CE618-338-8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata ] C:Commons ]

O policloruro de vinilo ou cloruro de polivinilo, tamén chamado policloroeteno ou PVC (sigla formada a partir do termo inglés polyvinylchloride, ás veces escrito PvC)[1][2] é un termoplástico obtido por polimerización do cloruro de vinilo, quimicamente inerte, que se emprega especialmente en canalizacións e tamén para a fabricación de bombas e dos seus compoñentes.

Vólvese brando cando se quenta e duro cando se arrefría. Obtense pola polimerización do monómero cloruro de vinilo (cloroeteno) CH 2 =CHCl. O PVC pódese facer máis suave e flexible engadindo plastificantes. Os ftalatos úsanse a miúdo para suavizar o PVC deste xeito.

Os polímeros de vinilo son o tipo de plástico máis común. O "vinilo" é en realidade etileno, un gas que se usa para fabricar eses plásticos, incluíndo o PVC. No uso popular, "vinilo" adoita ser abreviatura de PVC, pero hai outros dous polímeros de vinilo que son máis comúns. O máis común é o polietileno, o segundo máis común é o polipropileno. Outro, menos utilizado, é o poliestireno.

O policloruro de vinilo é unha fonte de grandes impactos ambientais, tanto na súa fabricación (emisión de PVC ao ambiente e xeración de residuos especiais), coma no seu procesamento (emprego de metais pesados e outras substancias químicas perigosas para o medio) ou na súa incineración (emisións de ácido clorhídrico e derivados organoclorados).[3][4][5]

Historia

O PVC foi descuberto accidentalmente en dúas ocasións independentes no século XIX, primeiro en 1835 polo francés Henri Victor Regnault e despois en 1872 polo alemán Eugen Baumann. Porén, na década de 1920, o científico Waldo Semon logrou plastificar o PVC, o que permitiu ampliar moito as súas aplicacións. Rapidamente, este material gañou popularidade debido á súa versatilidade e baixo custo, converténdose nun dos plásticos máis utilizados no mundo, desde a construción á fabricación de xoguetes.[6]

Usos

O PVC úsase a miúdo nas canalizacións de sumidoiros debido ao seu baixo custo, resistencia química e facilidade de unión.

O PVC suavizado úsase en roupa, tapicería, illamento de cables eléctricos e outros produtos en lugar de caucho.[6] Na década de 1950 o PVC converteuse no material habitual dos rexistros fonográficos, sendo "disco de vinilo" para significar discos feitos de PVC.

Aproximadamente a metade da resina de cloruro de polivinilo que se fabrica cada ano úsase para facer tubos.[7] As tubaxes de PVC son o 66% das novas tubaxes de auga dos Estados Unidos, e o 75% das novas tubaxes de sumidoiros.[8] O PVC é útil polo seu peso lixeiro, alta resistencia e baixa reactividade. Ademais, os tubos de PVC pódense pegar entre si ou conectarse mediante calefacción (semellante á unión de tubos de HDPE, polietilenos de alta densidade). Ambos tipos de conexións fan unións permanentes que non teñen fugas.

Fabricación

O PVC fabricase a través dun proceso que involucra tanto sal (ClNa) como etileno. O primeiro paso é a electrólise da salmoira, unha solución saturada de sal en auga. Nesta etapa, a salmoira descompónse, liberando cloro. Este cloro, a continuación, reacciona co etileno, que normalmente se obtén do petróleo para formar dicloruro de etileno, que se polimeriza para crear o PVC.

A relación entre o sal e o etileno é, grosso modo, de 2:1. Isto significa que para cada molécula de etileno utilizada, se precisan dúas de cloruro de sodio (en portugués, cloreto de sódio). En canto ao peso, debido a que o sal é máis pesado que o etileno, a cantidade de sal (por peso) usado no proceso é moito maior que a do etileno. Aínda que o sal é un insumo crítico, fundamental no proceso de fabricación do PVC, o PVC en si non contén sal.[9]

Reciclaxe

Código SPI de PVC, para reciclaxe (Sociedade da Industria do Plástico). O carácter Unicode deste símbolo é U+2675

Os plásticos de PVC pódense reciclar.[3] O seu código de reciclaxe é "3". Cando está combinado, a súa reciclaxe resulta máis complexa. O PVC reciclado moitas veces ten propiedades inferiores ao PVC virxe, o que limita as súas aplicacións para segundo uso.[3]

Foi tamén investigado para material reutilizado como aditivo en cemento.[10] Con todo, a xestión inadecuada destes residuos pode levar á formación de dioxinas e outros compoñentes tóxicos cando se queiman a temperaturas baixas ou en condicións inaxeitadas. As dioxinas son compostos altamente tóxicos que poden ter efectos adversos sobre a saúde humana e ambiental.[11] A falta de tratamento axeitado do PVC, tanto pola industria como polas administracións encarregadas da recollida de lixo, pode aumentar estes riscos. Algúns estudos concluíron que unha mellor monitorización e clasificación dos residuos de PVC xerados é esencial para mellores intervencións nas normativas de tratamento, e que se necesita máis información sobre o uso histórico de diferentes aditivos en produtos de PVC.[12]

Impactos na saúde

O PVC pode implicar riscos para a saúde dos seres humanos, especialmente na súa produción e tratamento dos residuos.

Produción de PVC: A fabricación do PVC pode liberar compostos orgánicos volátiles (COVs), dioxinas,[13] vinculada con cancros, incluíndo os do fígado e trastornos hematolóxicos,[14][15] e furanos, potenciais carcinóxenos humanos.[16][17] O cloruro de hidróxeno é un gas tóxico liberado cando se queima o PVC.[18]

Aditivos no PVC: Moitos produtos de PVC contén ftalatos, que se usan como plastificantes. Algúns ftalatos están asociados con disrupción endócrina, afectando o sistema reprodutor.[19]

Dioxinas e furanos na queima de PVC: As dioxinas e furanos son compostos tóxicos liberados, especialmente cando o PVC se queima en condicións non controladas.[14]

Descomposición e reciclaxe: O PVC pode lixiviar compostos nocivos, representando un risco potencial para a saúde humana.[20]

Exposición Directa: A lixiviación de compostos nocivos do PVC, especialmente en xoguetes ou envases, pode representar un risco para a saúde.[21]

Notas

  1. "policloruro de vinilo". bUSCatermos; aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-08-09. 
  2. "cloruro de polivinilo". bUSCatermos; aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-08-09. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Hopewell, Jefferson; Dvorak, Robert; Kosior, Edward (2009-07-27). "Plastics recycling: challenges and opportunities". Philosophical Transactions of the Royal Society of London. Series B, Biological Sciences 364 (1526): 2115–2126. ISSN 1471-2970. PMC 2873020. PMID 19528059. doi:10.1098/rstb.2008.0311. 
  4. North, Emily J.; Halden, Rolf U. (2013-04-01). "Plastics and environmental health: the road ahead". Reviews on Environmental Health (en inglés) 28 (1): 1–8. ISSN 2191-0308. doi:10.1515/reveh-2012-0030. 
  5. Tchobanoglous, George; Theisen, Hilary; Vigil, Samuel (1993). Integrated Solid Waste Management: Engineering Principles and Management Issues (en inglés). McGraw-Hill Companies,Incorporated. ISBN 978-0-07-063237-0. 
  6. 6,0 6,1 Titow, W. V. (1984). "PVC Technology". SpringerLink (en inglés). doi:10.1007/978-94-009-5614-8. 
  7. Thomas (2020-08-01). "Household Tips To Solve Common Plumbing Problems" (PDF). Instituto do PvC (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xullo de 2015. Consultado o 2023-08-09. 
  8. "Vinyl in Design". web.archive.org. 2007-08-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2007. Consultado o 2023-08-09. 
  9. "The polymerisation process". ECVM (en inglés). Consultado o 2023-08-10. 
  10. Santos, Adriana Goulart; Ferrari, Ana Karoliny (2019-06-10). "Influência do resíduo de PVC como agregado no concreto para peças de pavimentos intertravados". Ambiente Construído (en portugués) 19: 39–51. ISSN 1415-8876. doi:10.1590/s1678-86212019000300323. 
  11. Weber, Roland; Kuch, Bertram (2003-09-01). "Relevance of BFRs and thermal conditions on the formation pathways of brominated and brominated–chlorinated dibenzodioxins and dibenzofurans". Environment International. The State-of-Science and Trends of BFRs in the Environment (en inglés) 29 (6): 699–710. ISSN 0160-4120. doi:10.1016/S0160-4120(03)00118-1. 
  12. Miliute-Plepiene, Jurate; Fråne, Anna; Almasi, Alexandra Maria (2021-10-01). "Overview of polyvinyl chloride (PVC) waste management practices in the Nordic countries". Cleaner Engineering and Technology (en inglés) 4: 100246. ISSN 2666-7908. doi:10.1016/j.clet.2021.100246. 
  13. O proceso de fabricación de PVC, especialmente o proceso de cloración que produce PVC a partir de dicloroetano de vinilo (VCM), pode levar á formación e liberación de dioxinas. Estas emisións teñen sido reducidas significativamente nas últimas décadas grazas a melloras tecnolóxicas e regulamentarias, porén hai estudos que afirman que a produción sustentable non é realista. Why PVC remains a problematic material Arquivado 10 de agosto de 2023 en Wayback Machine. (en inglés)
  14. 14,0 14,1 "Dioxins and their effects on human health". www.who.int (en inglés). Consultado o 2023-08-10. 
  15. McGregor, D. B.; Partensky, C.; Wilbourn, J.; Rice, J. M. (1998-04). "An IARC evaluation of polychlorinated dibenzo-p-dioxins and polychlorinated dibenzofurans as risk factors in human carcinogenesis". Environmental Health Perspectives. 106 Suppl 2 (Suppl 2): 755–760. ISSN 0091-6765. PMC 1533384. PMID 9599727. doi:10.1289/ehp.98106755. 
  16. Bakhiya, N; Appel, KE (2010). "Toxicity and carcinogenicity of furan in human diet". Archives of toxicology 84 (7): 563–78. PMID 20237914. doi:10.1007/s00204-010-0531-y. 
  17. Baird, Colin (2001). Química ambiental (en castelán). Reverte. ISBN 978-84-291-7902-6. 
  18. "Hydrogen Chloride ; Toxic Substances". wwwn.cdc.gov ; Toxic Substance Portal ; ATSDR. Consultado o 2023-08-10. 
  19. "Endocrine Disruptors". National Institute of Environmental Health Sciences (en inglés). Consultado o 2023-08-10. 
  20. "End-of-life options for PVC waste" (PDF). european-bioplastics.org. 
  21. "Food contact materials". EFSA : www.efsa.europa.eu (en inglés). 2023-04-19. Consultado o 2023-08-10. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • EUR-Lex - 32008L0098 (europa.eu, en portugués) - Directiva Marco de Residuos; Directiva da UE 2008/98/CE
  • Home | Recovinyl - (Vinyl 2010, iniciativa dos produtores europeos de PVC; en inglés)

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya