PDF/E
PDF/E é unha subclasificación do estándar PDF. DescriciónPDF/E é un formato definido a través de variacións do estándar PDF, deseñado para ser un formato de intercambio aberto e neutral para a enxeñería e a documentación técnica.[1] Este estándar emprégase para documentos específicos do sector xeospacial, inmobiliario e para as industrias de manufactura. Ademais emprégase para o seguimento e control dos fluxos de traballo e proceso, coñecidos en inglés coma workflows. A especificación ademais soporta contido interactivo, incluíndo animacións e 3D. Os beneficios principais do PDF/E abranguen:
O estándar non define un método para a creación ou conversión do papel ou documentos electrónicos ó formato PDF/E. A ISO 24517 (PDF/E) foi creada para satisfacer as necesidades das organizacións que necesitan crear, intercambiar e revisar de maneira fiable documentos de enxeñería, porén, a primeira parte do estándar non ten en conta o 3D, o vídeo ou outro contido dinámico, como tampouco se ocupa de integrar os datos de orixe. NotasVéxase taménOutros artigosLigazóns externas |