Oráculo grego![]() ![]() Un oráculo (do latín Oraculum, derivado de ōrāre "falar") foi a palabra usada na época clásica para designar as revelacións dos deuses aos homes e o lugar onde estas revelacións eran feitas, e ademais a persoa que podía facer as predicións. De acordo coa mitoloxía grega, un oráculo é unha mensaxe divina transmitida e interpretada por un santuario. As deidades non aparecían persoalmente senón que se comunicaban a través dunha especie de médiums que eran diferentes segundo os lugares. O termo oráculo, xa que logo, aplicouse despois ao transmisor das predicións divinas. Comparativamente Zeus, como pai do todos os seus, tiña poucos oráculos, pero segundo a crenza popular era a fonte de todos os oráculos, por medio doutros deuses como Apolo, ou de heroes divinizados. A súa existencia hai que considerala como parte da necesidade dos homes de saber que lles ofrece o futuro e para facer as cousas conforme aos desexos dos deuses; os oráculos eran polo tanto unha revelación pero á vez unha sanción ou autorización da deidade a un feito concreto. Os oráculos máis coñecidos eran os de Delfos, enviados pola pitonisa e interpretados polos sacerdotes de Apolo e o Oráculo de Dodona. Os oráculos relevantes foron: Oráculos de Apolo
Oráculos de Zeus
Oráculos doutros deusesOs oráculos doutros deuses eran consultados en cuestións concretas da vida humana ou do mundo no que estaban.
Oráculos dos heroes
Oráculos dos mortosEran os oráculos nos que se pedía a presenza dos espíritos dos mortos e se ofrecían sacrificios aos deuses do inframundo. Un dos máis coñecidos foi o dos thesprotis preto do lago Aornos; outro estaba na Heraclea Póntica. Oráculos de ItaliaOs oráculos polos cales un deus revelaba a súa vontade a través da boca dunha persoa non existían en Italia, salvo algunhas excepcións na Magna Grecia. Os romanos descubrían a vontade dos deuses polos libros sibilinos, os augures, os arúspices, e os signos do ceo. Os únicos oráculos italianos coñecidos son:
Oráculos doutros pobos
ExtensiónPor extensión, en matemáticas, filosofía e informática, un oráculo é calquera ente que xera verdades sobre un mundo real ou imaxinario, ou que pode responder cuestións correctamente. Nalgunhas teorías de aprendizaxe, a realidade considérase un oráculo. |