Nuno Treez
Nuno Treez foi un xograr galego[1] cuxas cantigas forman parte do hipotético Cancioneiro de xograres galegos, polo que se pode deducir que é un xograr de profesión e tamén de orixe galega. TraxectoriaA súa obra relaciónase cunha ermida consagrada a San Clemente, en base a iso, estudosos como Ramón Menéndez Pidal sosteñen que era un xograr e sitúano nunha illa de Pontevedra de Bueu.[2] Con todo, o profesor Xosé Luís Couceiro, apunta a que pode proceder do municipio coruñés de Narón, onde houbo unha ermida dedicada a San Clemente. o profesor Xabier Ron Fernández sostén que se trata dun xograr galego natural da localidade ourensá de Trez que aparece na documentación do mosteiro de Montederramo.[2][3] As dúbidas sobre o apelido TreezO apelido deste xograr foi amplamente debatido e, aínda que o máis aceptado é Treez, hai outras opinións. ObraDe Nuno Treez coñécense catro cantigas, todas do subxénero de cantigas de romaría:[4] «Des quando vos fostes daqui»[5], «San Clemenço do mar»[6], «Non vou eu a San Clemenço orar e faço gram razom» e «Estava-m' em San Clemenço, u fora fazer oraçom».
Notas
Véxase taménBibliografía
Ligazóns externas |