No Way to Say
"No Way to Say" é o sinxelo nº31 lanzado pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki o 6 de novembro do ano 2003. InformaciónA canción foi moi ben recibida no Xapón, converténdose no seu sinxelo nº18 en chegar á primeira posición das listas de sinxelos de Oricon. As letras e o vídeo musical da canción dixese que están dedicadas ó pai de Ayumi, aínda que só son rumores xa que a artista nunca fixo ningunha declaración respecto o tema. A canción tivo excelente crítica e valeulle o seu terceiro Japan Record Award a mellor canción do 2003, premio máis importante outorgado polas personalidades da música máis importantes do país nipón. Tamén, máis adiante, o vídeo sería premiado nos MTV Video Music Awards Japan como mellor vídeo de pop. O single é o primeiro desde "Daybreak" dunha cara en conter 4 cancións, xa que foron incluídas versións acústicas dalgúns dos seus grandes éxitos como "Seasons" e "Dearest", e unha versión exclusiva de "Voyage" que non foi incluída anteriormente en ningunha compilación (as outras dúas mencionadas foron incluídas previamente noutros ábumes, pero con lixeiras diferenzas nos instrumentos o algunhas melodías menores). Tamén foi o primeiro single dende 2002 en conter un remix. Lista de temas
Posición nas listas
|