No Depression
No Depression é o primeiro álbum de estudio da banda de country alternativo Uncle Tupelo, publicado o 21 de xuño de 1990 a través do selo Rockville Records. Tras a súa formación a finais dos 80, Uncle Tupelo gravou a cinta demo Not Forever, Just for Now, que tivo unha recensión positiva no College Media Journal en 1989.[1] A recensión fixo que a banda sinase un contrato co que se convertería en Rockville Records posteriormente. O álbum foi gravado cos produtores Sean Slade e Paul Q. Kolderie nos Fort Apache Studios, cun presuposto de 3 500 dólares. No Depression foi aclamado pola crítica e vendeu ben para ser un lanzamento independente. O éxito do disco, que vendeu máis de 15 000 copias durante o seu primeiro ano, foi a nspiración para a creación da revista musical No Depression. O disco está considerado un dos traballos máis importantes do country alternativo e o seu título adoita a usarse como sinónimo do xénero tras ser popularizado pola revista No Depression. Despois de recuperar os dereitos do álbum tras unha demanda, Uncle Tupelo publicou unha versión remasterizada en 2003 a través do selo Legacy Records, con seis cancións extra.[2] Listaxe de canciónsTódolos temas escritos e compostos por Jay Farrar, Jeff Tweedy e Mike Heidorn agás onde se indique.
Notas
|