Movemento rectilíneo uniforme![]() O movemento rectilíneo uniforme dun punto en relación a un referencial S ten lugar cando nese mesmo espazo o punto se move en liña recta con velocidade constante, é dicir, con aceleración nula. En termos matemáticos, se for a posición do punto e o tempo: ou A distancia percorrida calcúlase multiplicando a magnitude da velocidade polo tempo transcorrido. Esta relación tamén é aplicable se a traxectoria non é rectilínea, con tal que a velocidade sexa constante. A velocidade pode ser nula (repouso), positiva ou negativa. Polo tanto, o movemento pode ter dous sentidos; unha velocidade negativa representa un movemento en dirección contraria ao sentido que teñamos aceptado como positivo. O MRU caracterízase por:
Ecuacións do movementoSabemos que a velocidade é constante; isto significa que non existe aceleración. Entón, a posición no instante vén dada por: onde é a posición inicial. Representación gráfica do MRUNa representación da gráfica da velocidade en función do tempo obtense unha recta paralela ás abscisas (tempo). Ademais, a área baixo a recta producida representa a distancia percorrida. A representación gráfica da distancia andada en función do tempo dá lugar a unha recta que ten como pendente o valor da velocidade. Véxase taménBibliografía
Outros artigosLigazóns externas |