Moses Isegawa
Moses isegawa, pseudónimo de Wava Sey, é un escritor ugandés que vive nos Países Baixos e escribe en inglés. BiografíaNaceu en 1963 en Kawempe (Uganda) no seo dunha familia da elite local, criouse en Kinunganya co seu avó nos primeiros anos e logo trasladouse coa súa familia a Masaka, onde foi internado nun seminario católico e despois foi para a Universidade de Makerere, onde comezou a escribir e traballou durante catro anos como mestre de historia no ensino público de seu país, ata que en 1990 emigrou aos Países Baixos conseguindo a nacionalidade neerlandesa en 1995. A súa primeira novela, crónicas abisinias, un Bildungsroman que abrangue os anos 1970 e 1980, foi escrito en inglés, pero publicado en neerlandés en 1998. Obtivo un grande éxito no mercado literario holandés e no 2001 no anglosaxón (Inglaterra, Estados Unidos e Australia), converténdose, xunto a Dubravka Ugrešić, Kader Abdolah, Joydeeep Roy Bhattacharaya e Abderkader Benali, dos mais aclamados escritores da "literatura de inmigrantes" ou literatura trasnacional. Obras
|