Monte Errigal
O monte Errigal (en irlandés: An Earagail), é unha montaña que se atopa preto de Gaoth Dobhair, no condado de Donegal, en Irlanda. Trátase do pico máis alto das Montañas Derryveagh e tamén de todo o condado. Errigal é tamén o monte máis meridional e elevado da cadea montañosa coñecida popularmente como "Na Seacht Deirfiúracha" ("As Sete Irmás"). As Sete Irmás inclúen os montes Muckish, Crocknalaragagh, Aghla Beg, Ardloughnabrackbaddy, Aghla More, Mackoght e Errigal. Errigal é famoso pola cor e brillos rosados que adquire a súa cuarcita durante o solpor. Tamén foi elixido como a Montaña máis Icónica de Irlanda en 2009.[1] AscensiónsNormalmente comézanse a partir do aparcadoiro da estrada R251. Non se precisa equipamento específico para a subida, pero recoméndanse facela con precaución. Na cultura popular
Galería de imaxes
![]() Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas |