Misao Fujimura
Misao Fujimura (xaponés: Fujimura Misao 藤村操), nado o 20 de xullo do 1886 e finado o 22 de maio do 1903, foi un estudante de filosofía e poeta xaponés, recordado polo seu poema de despedida. TraxectoriaFujimura naceu en Hokkaidō no 1886. O seu avó foi un samurai do dominio de Morioka, e o seu pai foi trasladado á illa de Hokkaidō logo da Restauración Meiji como director do Banco de Hokkaidō. Fujimura estudou a secundaria en Sapporo, para logo trasladarse a Toquio coa intención de preparar os exames de ingreso para a Universidade Imperial. Posteriormente, viaxou ás cataratas de Kegon, en Nikkō, unha zona célebre polas súas paisaxes. Alí, escribiu o seu poema de despedida no tronco dunha árbore para logo suicidarse. A súa tumba atópase no Cemiterio Aoyama da capital nipoa. A historia foi moi comentada nos xornais da época. O famoso novelista Natsume Sōseki (1867-1916), naquela época profesor no instituto de Fujimura, reflexionou sobre a súa morte na súa obra Kusamakura (1906).[1] PoemaO poema de Fujimura reflexiona sobre as causas que o conduciron ao suicidio. Os versos reflicten unha visión existencialista da realidade e da vida, comparando a inmensidade do mundo coa insignificancia do ser humano.[2] O texto é o seguinte: Pensamentos no precipicio Notas
Véxase taménBibliografía
Ligazóns externas
|